López Vidal denuncia “sectarismo” da Xunta por “apartar” á oposición dunha “suposta visita institucional” ás obras da autovía da Costa da Morte

López Vidal denuncia “sectarismo” da Xunta por “apartar” á oposición dunha “suposta visita institucional” ás obras da autovía da  Costa da Morte

López Vidal denuncia “sectarismo” da Xunta por “apartar” á oposición dunha “suposta visita institucional” ás obras da autovía da Costa da Morte

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, denunciou hoxe o “sectarismo” do Goberno galego por “ter apartado á oposición dunha suposta visita institucional” ás obras da autovía da Costa da Morte. Así o dixo logo de evidenciar que o conselleiro Hernández “só convidou aos cargos e representantes políticos do PP”.

López Vidal criticou que o conselleiro “predica unha cousa e fai a contraria”, e engadiu que “cando si que recibe invitacións para as visitas oficiais do Ministerio de Fomento inventa desculpas de mal pagador para xustificar a súa ausencia”. Preguntou neste sentido que “si esta é a súa reacción, qué teremos que facer nós cando a Xunta nin sequera remite as invitacións aos demais grupos políticos”.

Por todo isto, dixo que a visita foi “unha pasarela de cargos do PP para presumir das irregularidades sufridas por unha obra que foi licitada con dous anos de retraso e 161 millóns de euros por riba do seu custe orixinal”. Lembrou que a licitación desta infraestrutura tivo que ser paralizada logo de que o líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, desvelara un sobrecuste de 395 millóns de euros por parte da Xunta.

O parlamentario socialista dixo que o acto de hoxe constitúe “unha visita a unha infraestrutura en proceso de construción na que non entendemos qué fai ningún cargo público, pero xa que o conselleiro decide darlle un suposto carácter institucional a lo menos que teña a decencia e dignidade institucional de convidar a representantes de tódolos partidos políticos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar