López Vidal denuncia que o PP introduce a posibilidade de establecer peaxes nas autovías galegas

López Vidal denuncia que o PP introduce a posibilidade de establecer peaxes nas autovías galegas

López Vidal denuncia que o PP introduce a posibilidade de establecer peaxes nas autovías galegas

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu hoxe na Comisión 2º do Parlamento para defender unha emenda na que reclamou á Xunta de Galicia a que no exercicio das competencias que lle son propias, proceda a paulatina liberalización das peaxes nas autoestradas que son competencia directa da Comunidade Autónoma (Puxeiros – Val Miñor e Coruña – Carballo), na procura dunha mellora da mobilidade, da competitividade e da mellora das oportunidades dos territorios que vertebran. A proposta foi rexeitada polo PP.

Alí denunciou que o PP introduce a posibilidade de establecer peaxes nas autovías galegas. Asegura que o Goberno de Feijoo esta ensinado “la patita”, e cualifica como unha falta de respecto institucional a Portugal esta intromisión.

Dixo que dende o PSdeG-PSOE estamos dispostos a facilitar a compatibilidade dos aparellos de telepeaxe entre Galicia e Portugal, sempre e cando se suprimise o termo "autovías da Eurorexión Galicia - Norte de Portugal", pois en Galicia as autovías son libres de peaxe, de momento, a non ser que o PP adiante acontecementos e os traicione o subconsciente.

Afirma que o PP está hipotecado para falar de peaxes no noso país. E lembra que cando tiveron responsabilidades de goberno sementaron Galicia de casetas de peaxe, a pesares das promesas de facer autovías libres de peaxe. E explica que así pasou coa autoestrada Coruña - Carballo onde enganaron aos cidadáns. Dixo  que “fomos os socialistas os que tivemos que liberar a peaxe entre Lalin e Ourense, introducida polo nefasta xestión do PP nesta infraestrutura, fomos quen de modificar unha condena dictada polos gobernos populares”, espetou.

Así as cousas subliña que a estratexia do Goberno de Feijoo en relación as peaxes en Portugal “é desviar atención sobre as propias responsabilidades e as súas incapacidades”, insistiu.

E emprazou ao executivo autonómico a responder a estas cuestións e saber cales son os froitos das xestións realizadas polo Presidente da Xunta, polo Conselleiro de Presidencia e polo Conselleiro de Infraestructuras para solventar esta dificultade que están a padecer aos galegos/as que circulan polo país veciño.

López Vidal cualificou de “fracaso sen paliativos de tódalas xestións emprendidas cós seus correlixionarios conservadores portugueses”.Diante desta iniciativa irresponsable do PP e a mención as autovías de Galicia, os Socialistas non podemos apoiar esta temeridade irresponsable.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar