López Vidal denuncia que a Xunta non fai “nada de nada” para previr os lumes en Ourense

López Vidal denuncia que a Xunta non fai “nada de nada” para previr os lumes en Ourense

López Vidal denuncia que a Xunta non fai “nada de nada” para previr os lumes en Ourense

O parlamentario socialsta Pablo López Vidal acusou hoxe á Xunta de non facer “nada de nada” na prevención dos lumes na provincia de Ourense. Así o dixo no debate dunha Pregunta na Comisión de Agricultura sobre o desleixo do goberno autonómico diante dos lumes que afectaron á provincia no outono de 2011.

O responsable socialista criticou que a política de prevención de incendios da Xunta “presenta un encefalograma plano” ao renunciar a aplicar medidas preventivas e renunciar a recuperar o monte queimado. Lamentou que transmita “pouca esperanza” ao anunciar como única respota “castigos” para as comarcas que xa foron fortemente danadas polo lume.

López Vidal reclamou ao goberno galego que poña en marcha medidas preventivas antes da chegada das altas temperaturas e opte pola “posta en valor” do monte galego para que os propios veciños se comprometan co seu coidado e protección. Lamentou que a Xunta anuncie agora que “aínda van empezar” a recuperar as zonas queimadas do Macizo Central ourensán e reclamou que faciliten zonas de pastoreo para a gandeiría.

Dixo así que “o castigo non é unha opción” para unhas parroquias que ficaron asoladas polas lapas, senón que deben “fomentar que cuiden o monte” e lembrou casos nos que as parroquias “viven do monte” como exemplo de protección. Criticou que logo de tres anos de goberno “aínda estean estudando as secuencias históricas” cando “xa se fixo no pasado” e subliñou que “xa está ben de tanto análise, póñanse a traballar e previr”.

O responsable socialista preguntou hoxe pola falla de medidas, a mes de febreiro, para paliar a afección que producen as cinzas depositadas no outono nas augas dos ríos ourensáns. Advertiu tamén da relación entre os sedimentos dos incendios e as algas que están a aparecer nos encoros ourensáns e qué orzamento manexa o Goberno galego para restaurar o espazo forestal queimado na provincia de Ourense.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar