López Vidal considera as críticas da Xunta contra o AVE un “exemplo de deslealdade e incompetencia”

López Vidal considera as críticas da Xunta contra o AVE un “exemplo de deslealdade e incompetencia”

López Vidal considera as críticas da Xunta contra o AVE un “exemplo de deslealdade e incompetencia”

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, dixo que as críticas da Xunta contra a execución do AVE a Galicia son un “exemplo de deslealdade e incompetencia” por parte do Goberno galego. Así o dixo nunha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre a investigación por parte da Xunta das actuacións de Fomento con cartos públicos.

López Vidal dixo que “Galicia non se merece este goberno” que dedica fondos públicos a fiscalizar as actuacións do goberno central mentres “incumpren a súa promesa electoral de levar o AVE a Lugo e paralizan tódalas obras da súa competencia”. Explicou que esta estratexia por parte do Goberno de Feijóo resulta “imposible de entender salvo como cortiña de fume para disfrazar a súa propia incapacidade”.

O parlamentario socialista cualificou de “ocorrencia” o anuncio da Xunta de contratar a técnicos independentes para fiscalizar as actuacións do goberno en Galicia e “coa finalidade de cuestionar permanentemente a chegada do AVE a Galicia”. Dixo que “confunden os desexos coa realidade” xa que o conselleiro de Infraestruturas poderá acompañar ao ministro o próximo día 23 no percorrido en AVE entre Ourense e Santiago.

Advertiu que mentres a Xunta dedica “recursos económicos cero e o máximo esforzo para poñer pedras nos raís” o Goberno contará cun tren de alta velocidade grazas á licitación de 5.379,56 millóns de euros para facer 417 quilómetros de trazado, ademais dos mais de 4.000 millóns de euros destinados á modernización do tren en Galicia dende o ano 2004.

Dixo que mentres o Goberno do PP deixou deseñado un AVE “de segunda”, este foi modificado polo ministro Blanco “para ter un verdadeiro tren de alta velocidade”. Dixo que o Goberno tivo que modificar o trazado e os proxectos, acelerou as obras de electrificación, incluíu o tramo Ourense – Vigo por Cercedo e aumentou as prestacións do tramo Ourense – Monforte – Lugo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar