"O Goberno galego mantén as estacións de autobuses nun deplorable estado de decadencia e abandono”

"O Goberno galego mantén as estacións de autobuses nun deplorable estado de decadencia e abandono”

"O Goberno galego mantén as estacións de autobuses nun deplorable estado de decadencia e abandono”

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, acusou hoxe á Xunta de manter as estacións de autobuses de Galicia nun estado de “decadencia e abandono” cunhas condicións de conservación “deplorables”. López Vidal presentou unha pregunta neste sentido na Comisión de Obras Públicas celebrada hoxe no Parlamento.

O parlamentario socialista esixiu á Xunta que exerza as súas competencias e obrigas sobre 37 estacións galegas para garantir o seu estado, que é “especialmente lamentable no caso das cidades”, e non está “á altura dos milleiros de cidadáns que cada día utilizan este servizo”. Lamentou o “desleixo” demostrado polo goberno galego para exercer o seu control sobre as concesionarias do servizo.

López Vidal dixo que estes edificios amósanse “vellos e necesitados de reparación, atención e conservación” que o goberno galego asume con “desleixo” ao reflectir constantes danos e avarías sen atender nin resolver. Advertiu que a ausencia de interese amosado pola Xunta converteu estes inmobles en “lugares tristes, mal adecentados e que da pena entrar neles”.

O responsable socialista advertiu que “non se ve o financiamento dun millón de euros que supostamente anuncia a Xunta” polo que cualificounos de “dilapidadores e derrochadores” e reclamou que en lugar de facer estudos para controlar as obras competencia do goberno central se dediquen a acondicionar estas infraestruturas que son “a porta de entrada de milleiros de visitantes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar