López Vidal acusa á Xunta de vulnerar a lei de transparencia e de contratos na administración pública

López Vidal acusa á Xunta de vulnerar a lei de transparencia e de contratos na administración pública

López Vidal acusa á Xunta de vulnerar a lei de transparencia e de contratos na administración pública

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, denunciou na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento que a Xunta “vulnera reiteradamente a Lei de Transparencia e de Contratos” para conceder contratos “a dedo”. López Vidal reclamou a simplificación da Plataforma de Contratos Públicos e maior transparencia nos procesos.

López Vidal advertiu de “casos clamorosos” nos que a mesma empresa preséntase varias veces con distinto nome nos procesos negociados sen publicidade “para garantir a concesión dactilar”. Criticou que os contratos inclúen información desigual na Plataforma, cando se trata dunha aplicación informática que debera funcionar para ofrecer información con transparencia, sinxeleza e accesibilidade. Ademais,

Dixo que o catálogo de irregularidades continúa con empresas convidadas ad hoc pola Xunta, nun proceso xa de por si irregular, e que finalmente non presentan ofertas, co que incumpren a obriga de presentar tres ofertas por cada concurso. Ademais, dixo, en determinados casos “non aparece nin resolución, nin prazos, nin cadro de características”.

Advertiu que hai contratos concedidos “descaradamente a dedo” por importe de 650.000 euros manténdoo como provisional dende 2010 para retrasar a súa resolución definitiva e con resolucións “plaxiadas de corta e pega que non concordan coa realidade”.

Claridade e simplificación

López Vidal esixiu que a Xunta empregue con “claridade e simplificación” da Plataforma de Contratos Públicos para eliminar tódalas sospeitas posibles sobre a contratación da Xunta. Sinalou que actualmente “a través da consulta á Plataforma a través de internet non podemos coñecer por exemplo o importe da adxudicación da Autovía da Costa da Morte” logo das irregularidades detectadas e denunciadas polos socialistas.

Sinalou que “hoxe temos que poñer a lupa e a sospeita sobre os contratos públicos da Xunta pola falla de transparencia e rigor amosada nos procesos de contratación da obra pública” tanto no caso da autovía da Costa da Morte, que finalmente foi licitada á mesma empresa dous anos mais tarde por 161 millóns de euros mais, e cando a ponte de Noia foi adxudicada cunha diferenza de 5 euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar