López Vidal acusa á Xunta de tirar pola borda 161 millóns sobre o proxecto orixinal da Autovía da Costa da Morte

López Vidal acusa á Xunta de tirar pola borda 161 millóns sobre o proxecto orixinal da Autovía da Costa da Morte

López Vidal acusa á Xunta de tirar pola borda 161 millóns sobre o proxecto orixinal da Autovía da Costa da Morte

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, dixo que a adxudicación da autovía da Costa da Morte por 745 millóns de euros, anunciada hoxe pola Xunta, supón “tirar pola borda 161 millóns de euros e dous anos de execución” de diferenza sobre o proxecto orixinal elaborado polo goberno socialista e que supuña un investimento de 584 millóns.

O parlamentario socialista sinalou que esta contratación “demostra a incompetencia dun goberno mediocre e insolvente, que primeiro rescindiu un contrato ben feito, segundo quixo cometer unha fraude na adxudicación deste mesmo contrato cun sobrecuste de 395 millóns de euros e agora ven de adxudicar o mesmo proxecto á mesma empresa con dous anos de retraso por 745 millóns de euros” e cinco anos máis de concesión.

Dixo que a diferenza de prezo permitiría rescatar a peaxe da autoestrada entre A Coruña e Carballo, mentres nestes dous anos dende a rescisión do contrato orixinal “xa podiamos ter rematado o movemento de terras e mesmo algúns tramos xa construídos”. Ademais, engadiu, a Xunta “reduce en cinco anos a concesión, co que graciosamente exime á adxudicataria do mantemento da infraestrutura antes de tempo”.

López Vidal sinalou que mesmo unha das empresas beneficiarias da adxudicación “é a mesma empresa que o conselleiro de Infraestruturas criticou no Pleno do Parlamento de Galicia, segundo consta en acta”.

Advertiu á Xunta que “seguen quedando dúbidas de cómo van afrontar pago desta obra, e si os usuarios da autovía serán enganados de novo polo PP e imporá unha peaxe, tal e como fixeron coa autoestrada A Coruña – Carballo, na que primeiro prometeron unha autovía e logo puxeron casetas para facer negocio coas peaxes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar