López Vidal acusa á Xunta de perder dous anos na execución das infraestruturas

López Vidal acusa á Xunta de perder dous anos na execución das infraestruturas

López Vidal acusa á Xunta de perder dous anos na execución das infraestruturas

O portavoz de Obras Públicas o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, acusou á Xunta de provocar que Galicia teña perdido dous anos na execución das infraestruturas pola paralización das principais obras da Comunidade Autónoma. Así o dixo nunha Interpelación socialista que foi debatida hoxe no Pleno do Parlamento.

López Vidal desafiou á Xunta a “asumir a realidade e dicir a verdade” sobre as paralizacións das infraestruturas de comunicación de Galicia cando “foron incapaces de executar o 30 por cento do orzamento da Consellería de Infraestruturas de 2010” que ascenden a 241 millóns de euros “suficiente para facer integramente a autovía Carballo – Verdoias e rematar a autovía da Costa da Morte”.

Lamentou que dous anos de Feijóo supoñan un compendio de paralizacións e adiamentos logo de catro anos de goberno socialista nos que foron construídos 80 quilómetros de autovías libres de peaxe, liberalizaron a peaxe Rande – A Barcala, e puxéronse en funcionamento o corredor do Morrazo, a vía Nadela – Sarria, e as autovías Santiago – Ramallosa, O Salnés, Barbanza, Dozón – Ourense e Santiago – Brión.

O parlamentario socialista fixo hoxe un repaso das principais actuacións pendentes que a Xunta ten paralizado, revisado ou desbotado, comezando pola autovía da Costa da Morte, que foi adxudicada á mesma empresa por 161 millóns de euros mais, con 5 anos menos de mantemento e dous anos de retraso. Lembrou que o conselleiro de Infraestruturas aínda non asumiu responsabilidades polo fracaso nesta xestión.

López Vidal acusou á Xunta de acubillar tódalas súas paralizacións baixo as siglas do “Plan Move” que foi presentado “sen soporte xurídico” e polo tanto constitúe un compendio de obras que ficaron listas para a súa execución polo goberno socialista e que foron paralizadas por Feijóo e o conselleiro Hernández.

Así, dixo que en dous anos foron paralizados a VAC Costa Norte entre Ferrol e San Cibrao, o retraso e reprogramación na Vía Ártabra –suprimindo a conexión coa AP-9-, a VAC do Baixo Miño pendente para 2015 e con graves retrasos nas execucións, o mesmo que a autovía entre Pontevedra e Vilagarcía ou o desdobramento Nadela – Sarria, ou o coredor Sarria – Monforte, proxectado para 2011 pero anunciado para 2015.

Tamén lembrou as modificacións “sen explicacións” da autovía entre Ramallosa e A Estrada, e os retrasos da VAC á Plisan de Salvaterra do Miño e os desdobramentos das vías rápidas Brión – Noia, Sanxenxo – A Lanzada e do corredor do Morrazo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar