López Vidal acusa á Xunta de manter abandonada Baixa Limia e esixe investimentos para salvar a aldea de Salgueiros no Xurés

López Vidal acusa á Xunta de manter abandonada Baixa Limia e esixe investimentos para salvar a aldea de Salgueiros no Xurés

López Vidal acusa á Xunta de manter abandonada Baixa Limia e esixe investimentos para salvar a aldea de Salgueiros no Xurés

O parlamentario do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, acusou ao Goberno galego de abocar ao Parque Natural do Xurés ao abandono. Reprochou tamén ao Executivo que dirixe Núñez Feijóo carecer de proxectos para dinamizar a Baixa Limia e incluso paralizar os existentes promovidos pola anterior Xunta como o de recuperación da aldea de Salgueiros, obxecto da pregunta parlamentaria na Comisión de Agricultura, contexto no que se formularon estas acusacións.

A aldea abandonada de Salgueiros, enclavada no corazón do Parque Natural do Xurés, reserva da biosfera, transfronteirizo, cunha singular fauna e flora e que conta cun patrimonio arqueolóxico importante, “está morrendo de inanición e vén de ser saqueada polos amigos do alleo”, explicou López Vidal.

Trátase dun pobo adquirido na primeira etapa conservadora de Goberno da Xunta, foi logo restaurado con fondos europeos na anterior lexislatura por importe de 3 millóns de euros, coa idea de reconstruír esta aldea para uso público e sostible: rehabilitar as antigos fogares e as edificacións destruídas para un asentamento ecoturista e para aulas de divulgación medioambiental.

O fin de tales actuacións, recordou o deputado socialista ourensán, era a dinamización socioeconómica do Parque do Xurés e da Baixa Limia, “esquecida e abandonada polo Goberno de Feijóo”, afirma. Tamén tiña unha “función pedagóxica”, pois serviría para mostrar a “cara positiva” de vivir nun parque natural e dentro da Rede Natura ao habitantes da zona, máis inclinados a pensar nos atrancos derivados de vivir neste tipo de demarcacións.

Como en moitos outros proxectos, coa chegada da segunda restauración popular, chegou ao Xurés e máis en concreto ao aldea de Salgueiros, o abandono e o esquecemento. O proxecto de recuperación e uso está paralizado e a rehabilitación quedou frustrada pola decisión gobernativa de non investir neste proxecto.

En palabras do deputado socialista, “chegou Feijóo e mandou parar”. Consecuencia disto hai que engadir ós citados roubos, a entrada do lume este verán no Parque Natural, afectando ás instalacións da aldea e a morte, polo desleixo da actual Administración autonómica, das aves rapaces que intentaran introducir para a conservación da especie.

Todo elo leva a concluír a López Vidal que a Xunta debe tomar unha decisións obre o investimento no Parque Natura le no proxecto da aldea de Salgueiros, ou serán culpables de “enterrar tres millóns de investimentos”, así como orientar investimentos cara a cada vez máis abandonada comarca da Baixa Limia.

Recordoulle ao Director Xeral de Protección da Natureza, Ricardo García Borregón, os investimentos feitos polo goberno anterior na Baixa Limia. Ademais desta actuación pioneira no Parque Natural, “deseñamos unha autovía a Celanova, variantes a Verea e Bande, agora en risco con vostedes, e chan industrial, que non existía nos cinco concellos da Baixa Limia”.

Contrastou estas actuacións coa falta de compromiso manifestada nestes tres últimos anos polo goberno do Partido Popular e esixiu ao Goberno galego “ que faga algo, para evitar que se perda este investimento”. Instou ao Director Xeral de Protección da Natureza a modificar o proxecto, si o existente non lles convence. Pero “fagan algo, porque está a rematar a lexislatura, e, neste tempo non fixeron nada pola Baixa Limia”, concluíu López Vidal.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar