López Vidal acusa a Feijoo de ser o máximo derrochador e despilfarrador da historia de Galicia

López Vidal acusa a Feijoo de ser o máximo derrochador e despilfarrador da historia de Galicia

López Vidal acusa a Feijoo de ser o máximo derrochador e despilfarrador da historia de Galicia

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu no Pleno do Parlamento para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre o “culebrón” que está a supoñer a construcción da Autovía da Costa da Morte. Asegura que dende a chegada do PP á Xunta de Galicia “non ten parangón nos anais da nosa historia a contratación desta obra pública”. Dixo que o único fraude que existe neste asunto é “que o Goberno de Feijoo chourizou 395 millóns de euros para darlles a unha empresa que non sei si é amiga ou non do Partido Popular”.

O parlamentario afirmou que as únicas inauguracións que realiza o Conselleiro de Infraestructuras na nosa Comunidade son as que quedaron licitadas, programadas, executadas e realizadas na pasada lexislatura.

López Vidal asegurou que despois dunha perfecta adxudicación realizada no mes de maio de 2008 polo Goberno Socialista, chegou a rescisión do contrato realizado polo goberno Popular de Fejoo no mes de novembro de 2009. Advirte que esta decisión “levou aparellada unha indemnización de 4,1 millóns de euros, e adoptada en pleno aniversario do Prestige”.

395 millóns de euros

O deputado explica que por segunda vez sácase a concurso unha nova licitación desta actuación no mes de decembro de 2009, e que se paraliza a contratación polas denuncias coñecidas de sobrecusto, xa que a mesa de contratación propón adxudicar a concesión de obra pública a oferta máis cara: aquela que supuña 395 millóns de euros máis que a primeira adxudicación feita na anterior lexislatura e 215 millóns de euros que a oferta mías vantaxosa das presentadas neste concurso.

Sinala ademais que esta proposta de adxudicación é recorrida por un dos licitadores diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Este sinuoso e desconcertante proceso remata no mes de outubro de 2010 coa decisión de renunciar a celebración deste contrato de concesión que xa naceu malferido.

Lembra que no mes de decembro de 2010 publicase no Diario Oficial de Galicia unha nova licitación, para a adxudicación do contrato de concesión de obra pública, para a construcción e explotación da autovía da Costa da Morte, que ten que ser corrixida no DOG do día seguinte e tamén no do día 4 de xaneiro deste ano.

López Vidal asevera que o 25 de marzo de 2011 asínanse dous contratos negociados sen publicidade por un importe de 78.494,78 €, para asistir a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras na contratación que se desenvolve do seguinte xeito: o día 2 de febreiro se presentan as ofertas no rexistro da Xunta de Galicia, o 14 de marzo a mesa de contratación acorda admitir a licitación aos dous únicos licitadores. A apertura do sobre B efectuouse o día 16 de marzo, quedando para o día 2 de maio a apertura do sobre que contén as ofertas económicas.

O PP rexeitou unha petición de Comisión de Investigación

Nese senso anunciou que rexistrara na Cámara Autonómica “cantas iniciativa sexan necesarias para coñecer a verdade sobre este escuro e turbio asunto”. E lembrou que rexistrou unha petición dunha Comisión de investigación, que rexeitou o PP, para aclarar esta contratación. “Hai que aclarar este fraude consentido”, proclamou.

O portavoz socialista afirma que esta adxudicación supón 161 M€ mais que a feita anterior lexislatura. E preguntou “como se xustifica este desfase de facer menos con mais?”, e insistiu “ Feijóo é o Presidente mais gastador da Historia”.

Presidente mais austero de Galicia contraeu unha débeda de 2.253 M€

Coas cifras na man replicou que a Xunta de Feijoo é que mais débeda ten da Historia da Autonomía. Mais polo miúdo explicou que ano 2004 herdamos 3.265 M€ de débeda,e no ano 2009 deixamos 3.923 M€ de débeda; é dicir en 4 anos de Goberno socialista o endebedamento foi de 658 millóns de euros. Cos datos do 1º trimestres do ano 2011 a débeda actual do Goberno Feijoo esta en 6.176 M€, o que supón “que en 2 anos de Goberno o Presidente mais austero de Galicia contraeu unha débeda de 2.253 M€” .

E aseverou que as entidades locais do PP acumulan as maiores débedas da administración autonómica, e puxo como exemplo a Deputación de Pontevedra, que acumula unha débeda do 75%, e a de Ourense un 69,64%. E proseguiu coas súas criticas “deixaron 241 M€ sen executar nos orzamentos do 2010”, proclamou.

Vertebrar o territorio

O parlamentario socialista explicou que as proclamas de Feijoo “non son cribles nin confiables”, por que insistiu “son os mais derrochadores, gastadores e despilfarradores da Historia da Comunidade”.

Tamén aludiu a illamento da Costa da Morte por parte dos Gobernos do PP. E lembrou que a decisión de construír unha autovía libre de peaxe tomouse na pasada lexislatura, en base a dous criterios “a vertebración e reequilibrio territorial, e o abandono dunha zona de vital importancia para o desenrolo de Galicia”. E por ultimo envioulle unha mensaxe ao PP “vai manter a Autovía da Costa da Morte libre de peaxe, tal e como quedou programada na pasada lexislatura?”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar