López Vidal acusa a Feijóo de participar no "contubernio da paralización do AVE a Galicia"

López Vidal acusa a Feijóo de participar no "contubernio da paralización do AVE a Galicia"

López Vidal acusa a Feijóo de participar no "contubernio da paralización do AVE a Galicia"

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal presentou unha batería de iniciativas parlamentarias, para esixir a comparecencia de Feijoo na Cámara Autonómica, co fin de que dea conta das actuacións que pensa desenvolver a hora garantir a conexión das cidades galegas co AVE e a conexión da Meseta.

Reclama tamén a reunión urxente do Pacto do Obradoiro “para saír de dubidas e avaliar o presente e o futuro da Alta Velocidade a Galicia”. E insistiu “hai un acordo vixente e queremos que se cumpra”. E emprazou ao Ministerio de Fomento a que siga materializando unha inversión anual de 650 millóns de euros para poder rematar o AVE en tempo e forma, como xa estaba previsto e comprometido polo anterior Ministro de Fomento, Jose Blanco López.

O deputado socialista acusou a Feijoo de participar no contubernio para paralizar o AVE en Galicia “esta aplaudindo coas orellas”, espetou. Replica ademais que o PP de Galicia está preparando a gran coartada a Rajoy, sobre a paralización do AVE na nosa Comunidade. E resumiu “andaremos e veremos”.

Ademais o portavoz socialista amosou as súas sospeitas sobre o apoio de CiU ao PP, a cambio da paralizar o AVE en Galicia, xa que convalidou no Congreso o decreto Lei de medidas anticricrisis aprobado polo Goberno o pasado 30 de decembro. Aludiu así as suspicacias manifestadas por CiU sobre a chegada do AVE en Galicia.

López Vidal afirmou que o PP “vai meter a alta velocidade en Galicia nun conxelador”, e asegura que esta decisión esta tomada “con premeditación e alevosia”. O parlamentario dixo que a Xunta de Feijoo “é compl¡ce necesario da paralización”, desta infraestructura.

A actuación da Xunta “vergoñenta”

Sinala que a posición da Xunta neste asunto “é vergoñenta”, xa que trata de desculpar unha estratexia de paralización “que se esta organizando no Ministerio de Fomento”.

Sobre as declaracións do Conselleiro de Infraestructuras nas que declara “a gran mentira do AVE”, dixo “o mais indicado vai falar da mentira”. En alusión a certificación dunha obra realizada polo Conselleiro, cando era Director de Infraestructuras da Deputación de Pontevedra, xa que validou unha obra que non rematara.

Cualifica a labor do Conselleiro “como consentidor e frustrado”, xa que as súas expectativas políticas en Madrid non se viron cumpridas.

No que se refire a Ministra de Fomento pediulle “que estudie pronto os proxectos do AVE. Maña, tarde e noite”. E pediulle que “poña as pilas, porque Galicia non pode agardar mais tempo”.

Discurso farisaico de Feijoo

Asegura que coa folla de ruta política emprendida polo PP “Galicia vai perder o tren da modernidade”. Cualifica o discurso de Feijoo como “farisaico”, xa que agora non ten presa para rematar esta infraestructura, e advirte “que hai mes e medio estaba chantando o dente ao Goberno de Zapatero reclamando e esixindo o AVE”, espetou.

Vía única

Por ultimo lembrou que a entrada do AVE a Galicia con dobre vía “chegou da man de Jose Luis Rodríguez Zapatero, Jose Blanco e Pérez Touriño”. E advertiu contra á volta do modelo de vía única (que xa foi modificado por Blanco) para a entrada en Galicia do AVE “eso sería imperdoable, un ultraxe, e un agravio”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar