López Vidal: “A Xunta debe manter o seu compromiso de rematar as obras do Centro de Interpretación de Parques Naturais en 2013”

López Vidal: “A Xunta debe manter o seu compromiso de rematar as obras do Centro de Interpretación de Parques Naturais en 2013”

López Vidal: “A Xunta debe manter o seu compromiso de rematar as obras do Centro de Interpretación de Parques Naturais en 2013”

O deputado socialistas Pablo Xabier López Vidal afirmou hoxe que a actuación “dolosa” da Xunta de Galicia de paralizar as obras do Centro de Interpretación de Parques naturais constitúe unha nova “aldraxe” que ocasionará “graves prexuízos á cidade e á provincia de Ourense”, unha paralización trala que sospeita só pode haber razóns políticas.

Lembra que se trata dunha inversión pública de 8,5 millóns de euros, dos cales 7 millóns corresponden ao Ministerio de Agricultura e que á súa vez proceden de fondos europeos que agora haberá que reintegrar.

López Vidal cualificou o centro de actuación emblemática que xa estaba xenerando emprego e dinamizaría a cidade e a área termal, polo que o seu abandono suporá adiar o boulevard termal comprometido polo alcalde da cidade e o deter

ioro da edificación.

“Un gasto improductivo que non queremos nin debemos consentir os ourensáns”, dixo.

O deputado explicou que polo convenio asinado en xuño de 2009 a Xunta só tería que investir 1,5 millóns de euros, e o Concello fixo unha expropiación dos terreos por valor de 233.000 euros.

Como as obras comezaron no ano 2010, en vez de en 2009, intentouse dende o Concello facer unha modificación do Convenio para prorrogar os prazos, cuestión á que se negaron “sistematicamente” tanto o conselleiro como o actual ministro, pese a haber unha acta pública na que a Xunta acepta implicitamente a prórroga e adiar o pago ao ano 2014.

Ademais apuntou que Tragsa xa anunciou que reclamará unha indemnización por danos e prexuízos pola paralización da obra, que foi licitada e adxudicada en tempo e forma. e a empresa é solvente e capaz de rematar as obras en 2013

Así, os socialistas presentaron unha pregunta urxente para a súa resposta oral en Pleno sobre a razón desta paralización, e unha proposición non de lei instando ao Goberno da Xunta a realizar cantas actuacións sexan necesarias para garantir a finalización das obras deste centro nos prazos comprometidos.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar