López Vidal: "A Deputación de Ourense demostra que non funciona e ten que desaparecer"

López Vidal: "A Deputación de Ourense demostra que non funciona e ten que desaparecer"

López Vidal: "A Deputación de Ourense demostra que non funciona e ten que desaparecer"

O parlamentario socialista Pablo López Vidal dixo que a Deputación de Ourense “demostra que non serve practicamente para nada, que non funciona e ten que desaparecer”. Así o dixo na comparecencia do presidente do ente na Comisión de Orzamentos do Parlamento, na que denunciou o “despilfarro e dilapidación de fondos públicos” por parte do PP nesta institución.

O parlamentario ourensán sinalou que esta Deputación dedica 31,1 millóns de euros, practicamente a metade do seu orzamento, a pagar salarios, que contrasta cos apenas 11,7 millóns que destina a investimentos.

Advertiu que a política de persoal e a arbitrariedade no reparto de subvencións para beneficiar ao PP son “a razón de ser” do ente, que ten en nómina a 731 traballadores, sumando os 34 correspondentes ao Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e ao SUPO.

Criticou que esta política de persoal asuma a meirande parte dos orzamentos da Deputación, que só destina o 16,1 por cento do seu orzamento a investimentos reais e mantén a rede viaria provincial “esnaquizada e esquecida”. Acusou ao presidente da Deputación de “renunciar a beneficiar á provincia” por manterse preocupado exclusivamente, engadiu, “na busca de rendibilidade política”.

Sinalou que trátase do “claro exemplo dun organismo que non serve para resolver os problemas da cidadanía” cando a política que desenvolve “ten de todo menos ourensanismo, vertebración, reequilibro e discriminación positiva”. Engadiu que a mostra da súa incapacidade está no “eterno adiamento” das obras nas estradas de Lobeira – Grou, o acceso a Cabeza de Manzaneda, Coles – A Peroxa, Parada de Sil ou Teixeira.

Acusouno de cometer “fraude contra a cidadanía” ao buscar “manterse no poder a calquera prezo” mesmo preparando unha sucesión interna que en realidade supón “xogar coas institucións”. Advertiu que esta situación provoca que o ente estea hoxe hipotecado “pola falla de respecto amosada polos neocons de San Caetano”.

Insolvencia

O responsable socialista criticou tamén a “insolvencia” amosada na xestión económica do ente, que hoxe acada un endebedamento do 107 por cento, “moi preto do límite do 115 por cento e nunha situación semellante á de Grecia e Italia, cunha carga financeira insoportable coa que –ironizou- tiña que estar intervido polo FMI”.

López Vidal apuntou que o organismo, que conta cun orzamento de 68 millóns de euros, o pasado ano sumaba unha débeda de 50, co que “mellor é pechar o tinglado”. Acusouno así de “non facer nada para mellorar a calidade de vida dos ourensáns, que suman 26.237 parados e paradas dun total de 333.208 cidadáns.

Apuntou neste sentido que as iniciativas da Deputación Provincial súmanse por “fracasos, frustracións, enganos e manipulacións”, como no caso da planta de Xerox, cunha previsión de 10 millóns de euros para investir “nun proxecto pantasma”, mentres onte anúnciase un novo ERE nunha empresa de Ourense dedicada á automoción que “vai botar 130 persoas á rúa”, ou a fábrica de pataca de Xinzo que “só é un coello que sacou da chisteira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar