López Vidal: “a chegada do AVE é imparable e as diferencias entre Baltar e Feijóo non van poder frear este avance tan importante”

López Vidal: “a chegada do AVE é imparable e as diferencias entre Baltar e Feijóo non van poder frear este avance tan importante”

López Vidal: “a chegada do AVE é imparable e as diferencias entre Baltar e Feijóo non van poder frear este avance tan importante”

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, sinalou que “ a chegada da alta velocidade a Galicia é unha realidade imparable e nin as diferencias entre Baltar e Feijoo van poder frear este avance tan importante para Galicia”.

López Vidal fixo estas declaración logo de que o Ministerio de Fomento anunciara a licitación da plataforma dos derradeiros tramos do AVE a Ourense. “Un anuncio que volve a certificar o impulso que se lle está dando a chegada da Alta velocidade a cidade das Burgas, porta de entrada en Galicia”, sinalou.

O deputado subliñou que o “este anuncio é a proba do compromiso inquebrantable de que chegue a Galicia nos prazos comprometidos, a pesares das dificultades de todo tipo que están aparecendo, disfrazadas de erros cometidos no pasado e que ninguén denunciou”. Así por exemplo, lembrou que “cando se deseñou o AVE entre Lubián e Ourense era de terceira rexional, cunha única vía”.

Neste senso, denunciou “un cúmulo de despropóstos que houbo que ir mudando de xeito urxente para poder contar na actualidade cunha infraestrutura de alta velocidade de primeira categoría, igual que a que se utiliza no resto de España”.

O responsable socialista aseverou que “os intentos por facer que o AVE descarrile en Galicia continúan na actualidade, sen embargo o forte compromiso dun goberno Socialista vai sorteando as trabas e os impedimentos para cumprir coa palabra dada”.

Neste senso, apuntou que “o anuncio de onte é un escalón máis, fronte ós agoreiros, ós pesimistas e ós profetas da catástrofe. A chegada do AVE a Ourense continua pola folla de ruta no seu día deseñada”.

López Vidal esixiulle ao PP que aclare a súa posición, “que defina cal é o criterio predominante; o do PP de Ourense ou o do PP de Galicia” . “Feijoo e Baltar deben fixar que postura manteñen nesta cuestión, xa que nos estamos xogando o futuro”, aseverou.

Ademais, demandoulle ao PP que “deixe de intoxicar e de poñer dificultades nunha actuación que vai cambiar a vida do noso pais”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar