López Orozco subliña os "puntos de converxencia" para asinar o pacto e o BNG di que "lle sae aos lucenses máis barato"

López Orozco subliña os "puntos de converxencia" para asinar o pacto e o BNG di que "lle sae aos lucenses máis barato"

López Orozco subliña os "puntos de converxencia" para asinar o pacto e o BNG di que "lle sae aos lucenses máis barato"

O alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, destacou os "puntos de converxencia" atopados para asinar este xoves no salón de plenos da casa consistorial o acordo programático polo que se rexerá o goberno local os próximos catro anos, mentres que o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Antón Bao, subliñou que "lle sae aos lucenses máis barato".

O documento subscrito consta de 64 puntos contidos en oito folios. López Orozco incidiu en que son dous "partidos de esquerda", con dúas ideoloxías distintas que atoparon puntos de converxencia". "Os veciños non notarán que somos dous partidos, senón un só goberno", apostilou.

Tamén fixo especial fincapé en que o pacto é "froito do esforzo e da xenerosidade de dous partidos de esquerda que comparten prioridades".

Pola súa parte, Bao, que adiantou que este documento se entregará ao PP de Lugo, comentou que o goberno de coalición "lle sae aos lucenses máis barato". Así, calculou que o gasto se verá reducido nun dez por cento, coa supresión de cargos de confianza ou direccións xerais.

Ponte

O novo goberno local de Lugo, segundo comentou Orozco, asistirá este venres a inauguración da nova ponte sobre o Río Miño, que presidirá o ministro de Fomento, José Blanco. O alcalde dixo que é "unha alegría para todos" e que "non vai traer ningún problema" para a cidade".

A prolongación da nova infraestrutura a través do parque Marcos Cela foi motivo de enfrontamento a pasada lexislatura entre o goberno e o BNG. Polo que respecta ao novo goberno bipartito, Bao se ciñou ao que inclúe o acordo subscrito de "estudar as alternativas ao tráfico na perspectiva de non afectar ao parque Marcos Cela".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar