Logo de cinco anos de goberno de Feijóo, os gandeiros galegos son os que menos cobran de Europa

Logo de cinco anos de goberno de Feijóo, os gandeiros galegos son os que menos cobran de Europa

Logo de cinco anos de goberno de Feijóo, os gandeiros galegos son os que menos cobran de Europa

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu que logo de cinco anos de goberno de Feijóo “o único certo é que os gandeiros galegos son os que menos cobran polo leite en toda España e polo tanto de toda Europa”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que reclamou que a Lei de Calidade Agroalimentaria garanta a viabilidade do sector en Galicia.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de faltar ao compromiso acadado polo goberno galego co sector leiteiro no pasado mes de decembro para garantir que a Lei regule os contratos entre os produtores e a industria e así impedir que o leite sexa vendido por debaixo dos custes de produción.

Advertiu que logo de todo o trámite lexislativo, “temos que esperar á prórroga, ao trámite no Senado da próxima semana”, para ver si incorporan os compromisos acadados por Feijóo. Dixo que “non tiña que ir a México, non tiña que acadar investimento público e privado”, xa que para cumprir co seu compromiso “só tiña que falar co presidente do goberno”.

Advertiu que logo de que o goberno galego asegurara o seu “compromiso claro” co sector, e logo de que o presidente da Xunta saíra da xuntanza con Rajoy asegurando que trataran esta cuestión, a realidade é que “levamos 8 meses agardando” e todo continúa como estaba ao comezo, que é cos gandeiros galegos, os maiores produtores de leite do Estado, sendo os que menos cobran de Europa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar