Libros de texto gratuítos para todos e todas

Libros de texto gratuítos para todos e todas

Libros de texto gratuítos para todos e todas

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias nas que reclama recuperar o programa de libros de texto gratuítos en todos os cursos de Primaria e Secundaria obrigatorios. Explicou que aquel sistema “é máis eficiente dende o punto de vista económico” e máis igualitario dende o punto de vista social.

Álvarez sinalou que, por un custe moi semellante, o sistema implantado polo goberno de Touriño e paralizado por Feijóo garantía libros de texto para tódolos estudantes dos ciclos obrigatorios en Galicia. O sistema actual, sinala, “concede axudas de menos da metade do custe dos libros a un 25 por cento das familias, e a metade da metade a outro 15 por cento, co que no mellor dos casos chega a un 40 por cento e nunca polo custe total”.

Sinalou que o modelo imposto polo goberno do PP constitúe unha “auténtica barbaridade” da que ata eles mesmos son conscientes “logo de que cada ano tiveran que facer ampliacións de crédito” para atender a máis familias das que tiñan previsas. Así, no curso 2008-09 o programa supuxo 22,13 millóns de euros, medio millón máis do programa do PP coa diferenza de que era universal e asumía a totalidade do custe.

Por iso, sinalou, “no mesmo curso 2014 decidiron que reutilizar os libros non era tan malo nin antipedagóxico e lles reclamaron aos pais e nais beneficiarios que devolveran os textos”.

Argumentos populistas

O parlamentario socialista reclamou o cambio dunha política para recuperar un sistema que funcionaba e era eficiente e instou ao goberno galego a “abandonar argumentos populistas” descualificando o modelo anterior porque supostamente beneficiaba aos fillos dos ricos. Explicou que “a realidade é que conseguiu liberar a unha parte importantísima da poboación do esforzo tremendo que supón adquirir os libros de texto”.

Sinalou ao informe emitido polo Defensor del Pueblo para constatar que o sistema de préstamo resulta máis eficiente dende o punto de vista económico e ademais contribúe a formar ao alumnado nos valores do respecto ao ben público e da solidariedade real.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar