Levaremos ao Parlamento a situación límite do CHUAC por falta de recursos e persoal

Levaremos ao Parlamento a situación límite do CHUAC por falta de recursos e persoal

Levaremos ao Parlamento a situación límite do CHUAC por falta de recursos e persoal

O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, e o deputado coruñés Juan Díaz Villoslada reuníronse esta mañá coa xunta de persoal do CHUAC e posteriormente anunciaron que levarán ao Parlamento a situación “límite” que afecta aos traballadores e usuarios do complexo hospitalario coruñés pola falta de persoal e de recursos. Torrado sinalou que os socialistas farán un “esforzo especial” no eido da Sanidade e a este tema estará adicada tamén a pregunta ao presidente da Xunta no vindeiro pleno.

O deputado coruñés Juan Díaz Villoslada destacou que a situación das urxencias do CHUAC co repunte de gripe “non é máis que o vestíbulo dunha situación máis crítica que se está a dar en todo o complexo hospitalario”, e instou á Xunta a “poñer dunha vez por todas os recursos necesarios para unha mellor prevención sanitaria”, con recursos, melloras dos ratios de persoal e disponibilidade de camas, “que non son suficientes” para unha poboación cada vez máis envellecida. “O sistema sanitario non se adapta ás necesidades”, lamentou.

Pola súa banda, Julio Torrado, que está a facer unha rolda de visitas polos centros sanitarios de Galicia, afirmou que a situación asistencial do CHUAC é “equiparable coa parte máis triste da sanidade en Galicia”, un estado “límite e ao bordo do colapso día a día”. O socialista incidiu en que Urxencias “e só o pico do iceberg” no que se amosa a falta de camas, a falta de persoal, os problemas do envellecemento ou o hacinamento nos corredores. “Nun día normal o CHUAC está ao límite, e en canto existe un pico rebenta”, dixo.

Torrado destacou que a única razón para que non se produza un colapso é que existe “un persoal sanitario marabilloso que traballa por riba das súas posibilidades, cun sobresforzo case inhumano que xenera problemas laborais, riscos, condicións de presión e unhas dificultades enormes”. A sanidade, afirmou, “está a ser un dos buques insignias do deterioro dos servizos públicos do goberno de Feijóo”, que está “aforrando onde máis se necesita en favor dunha suposta macroeconomía”, nun exemplo da “insensibilidade de gobernantes sen alma”.

Torrado lembrou que o PP rexeitou no Parlamento unha iniciativa socialista para a mellora das urxencias e outra para a substitución de baixas en pediatría, e puxo como exemplo o do barrio de Novo Mesoiro: “no barrio con máis poboación escolar de toda Galicia non se substitúe o pediatra, un exemplo da nula planificación da Xunta”, dixo.

Pola súa banda, Villoslada engadiu tamén a necesiadade que que “tanto a Xunta como o goberno municipal da Coruña se poñan dacordo en que a zona da Falperra poida dispoñer dun centro de saúde en condicións”, e lembrou que esa era unha das reclamacións dos socialistas nas emendas aos Orzamentos da Xunta, xunto con partidas para melloras nos centros do Ventorrillo e Novo Mesoiro.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar