Levaremos ao Parlamento a errática política da Xunta coa vacinación infantil

Levaremos ao Parlamento a errática política da Xunta coa vacinación infantil

Levaremos ao Parlamento a errática política da Xunta coa vacinación infantil

O portavoz de sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, vén de rexistrar varias preguntas no Parlamento para pedirlle explicacións ao goberno galego pola súa “errática e variable” política co calendario vacinal infantil e xuvenil. O socialista lembra a limitación da vacina da tose ferina e a falta de subministro e eliminación do calendario da vacina da meninxite B, ao que agora se suma a limitación de aplicación da do Tétanos-Difteria (Td). Por todo isto, denuncia a “incerteza sobre a posición fronte á industria farmacéutica”, e o “nivel de esixencia e rigorosidade que se está a demandar ás empresas que teñen contratos, de elevadas contías, para a subministración de produtos farmacéuticos coa administración”.

“Un dos elementos que causa maior desagrado na sociedade é a percepción de que as alteracións nas vacinacións están suxeitas unicamente a criterios de dispoñibilidade por parte das farmacéuticas, e que isto pode responder a criterios empresariais e non clínicos ou de produción”, critica Torrado, que apunta a “incertidume e intranquilidade” que a política da Xunta está a provocar nas familias. Ademais, pide explicacións sobre “que criterios ou informes médicos” avalan as declaracións de representantes do goberno galego que afirman que a perda da vacina Td dos 14 anos non supón ningún risco incrementado e datos sobre o subministro da mesma.

Os socialistas levarán tamén nesta semana á comisión de sanidade a problemática da vacina da meninxite B, e pedirán compromisos concretos para a recuperación da vacinación da tose ferina, limitada desde 2015, así como coñecer se aplicarán esta vacinación para as cohortes xeracionais que non a recibiron. A medida de limitación desta vacina afecta a 46.764 nenos e nenas de Galicia que cumpriron 6 anos nos anos 2015 e 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística. Pola súa banda, a suspensión da aplicación da vacina do Td para os nenos e nenas que deberan aplicar a dose de recordo no 2017 ao cumprir 14 anos afecta a unha franxa que no ano 2016 englobaba a 21.346 rapaces e rapazas da comunidade.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar