Levan ao Parlamento o malestar dos concellos da Coruña pola ineficiente xestión da Deputación Provincial

Levan ao Parlamento o malestar dos concellos da Coruña pola ineficiente xestión da Deputación Provincial

Levan ao Parlamento o malestar dos concellos da Coruña pola ineficiente xestión da Deputación Provincial

Francisco Caamaño acusa ao presidente do ente de estar “mais preocupado de cumprir cos recados de Feijóo” sobre a fusión de Oza e Cesura que de respectar a competencia de Galicia en réxime local

O parlamentario socialista Francisco Caamaño levou ao Parlamento o “malestar” dos concellos da Coruña pola “ineficiente xestión” da Deputación Provincial. Así o dixo na comparecencia do responsable deste ente na Comisión de Orzamentos do Parlamento de Galicia, a quen criticou o abuso do procedemento negociado sen publicidade por parte da Deputación.

O responsable socialista acusou ao presidente da Deputación de facer “promesas ao chou, promesas – flotel que despois de ditas non se van cumprir”, en alusión ao contido do documento base elaborado feito polo organismo para a fusión dos concellos de Oza e Cesuras. Explicou que as obras públicas que nese documento din que vai facer a Xunta non aparecen nos orzamentos do goberno galego para 2013.

Criticou ademais que o presidente da deputación substitúa o procedemento aberto de adxudicación polo negociado sen publicidade “que ten un carácter absolutamente excepcional” e implica “unha perda de transparencia” e que “produce desfase presupostario e de ineficiencia”.

Caamaño advertiu así da “nefasta xestión” en relación ao electoralista Plan de Emprego, no que “en lugar de darlle aos concellos os fondos, a Deputación contratou directamente” producindo graves problemas de descoordinación e duplicidades nos concellos afectados, así como un incremento innecesario dos gastos. Dixo que este xeito de xestionar resulta “escuro e impropio dunha administración” pública.

Neste sentido, criticou que a Xunta teña “castigado” á provincia da Coruña coa maior redución nos orzamentos para o próximo ano, cun 43 por cento menos de investimentos, cando é na que mais medrou o paro o pasado ano.

Cumprir cos recados

O parlamentario socialista criticou que o presidente da Deputación estea “mais preocupado de cumprir cos recados de Feijóo que de respectar as competencias de Galicia” con relación á “ocorrencia” de fusionar Cesuras e Oza dos Ríos. Dixo que o anuncio serviulle a Feijóo para “salvar un debate do Estado da Autonomía”, e ironizou co seu impacto “fundamental para saír da crise e reducir a prima de risco”.

Caamaño asegurou que “non temos nada en contra das fusións de concellos, sempre e cando haxa unha consulta previa aos veciños e respecte co disposto na Lei”. Desautorizou ademais a existencia do informe xurídico avalando a operación “porque hai outros en sentido contrario, e o seu carece de cobertura legal, ten de todo, ata propaganda, só lle falta o rigor”.

Reclamoulle ademais que explique “si hai algunha nova sobre o establecemento de Begano en Oza dos Ríos” logo de que a empresa confirmara que malia os anuncios da Xunta e da Deputación “non haberá movemento algún ata como mínimo dentro de 10 anos”, ou sobre a suposta nova planta de biomasa de Ence e amosou a súa sorpresa polo feito de que o presidente da Deputación non respondera a ningunha destas cuestións

Modificación legal

O responsable socialista reclamoulle tamén ao presidente da Deputación que explique “a súa opinión sobre a reforma da Lei de Bases do Réxime Local impulsada por Montoro que reduce a capacidade de manobra das administracións mais achegadas aos cidadáns”. Lembrou o anuncio de que as deputacións, que cualificou como “institucións decimonónicas”, asuman competencias dos concellos de menos de 15.000 habitantes.

Caamaño chegou a cualificar de “sarcasmo” a comparecencia de hoxe, por canto a Deputación ven presentar uns orzamentos que foron xa aprobados e entraron en vigor a comezos de ano. Lembrou que o Estatuto de Autonomía sinala que é a Xunta quen coordina a actividade das deputacións provinciais e “non son as Deputacións, cos presupostos aprobados, as que teñen que vir ao Parlamento a coordinar os presupostos da Xunta”.

Sinalou que a Xunta “ten a obriga estatutaria de coordinar os presupostos –das deputacións- ao seu propio”, debe facerse de acordo ao disposto na Lei e non mediante un protocolo para darlle “aparencia de normalidade política”, e por iso reclamou información sobre os criterios concretos de coordinación co goberno galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar