Levan ao Parlamento a redución á metade dos facultativos de atención primaria no rural por parte da Xunta

Levan ao Parlamento a redución á metade dos facultativos de atención primaria no rural por parte da Xunta

Levan ao Parlamento a redución á metade dos facultativos de atención primaria no rural por parte da Xunta

Carmen Acuña denuncia que o Goberno galego limite a un médico e un enfermeiro os centros de saúde con menos de 1.200 tarxetas sanitarias

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista ven de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta dea contas pola redución á metade dos facultativos de atención primaria no rural. Así o dixo logo de coñecer que o Goberno galego limitará a unha praza de atención primaria e unha de enfermería os centros con menos de 1.200 tarxetas sanitarias individuais.

A responsable socialista considera que esta decisión é “claramente lesiva” cunha parte moi importante da poboación galega, neste caso no rural, cun alto índice de anciáns que merecen unha maior atención sanitaria. Denuncia que o goberno galego “castigue ao rural galego e castigue á sanidade pública” dentro da súa “inmoral política de recortes” co único obxectivo de “empeorar a calidade do sistema para anticipar a súa privatización”.

Dixo que “desgraciadamente mentres falan de reequilibro van suprimindo os servizos mais básicos das nosas aldeas e incluso algúns tan imprescindibles como os destinados ao coidado da saúde”. Denunciou tamén o “silencio cómplice dos alcaldes do PP” para perpetrar esta redución do número de facultativos, en contra do que afirma o goberno galego nos orzamentos para 2013.

Puntualizou que “non podemos esquecer que estamos a falar de atención primaria, o nivel máis básico e máis próximo na atención sanitaria”, e explicou que “estas medidas estanse tomando en concellos nos que antes suprimiran tamén as gardas de farmacias”.

Así, nomeou os concellos de A Veiga, Laza, Muíños ou Sarreaus como só algúns exemplos de centros de saúde “que ata agora contaban con dous facultativos e que quedaron con só un. Denunciou que tanto en Ourense como en Lugo reduzan este servizo “cun criterio tan só numérico sen ter en conta a dispersión, a orografía ou o envellecemento da poboación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar