Levamos as demandas cidadás á nova xerencia do Hospital de Cee

Levamos as demandas cidadás á nova xerencia do Hospital de Cee

Levamos as demandas cidadás á nova xerencia do Hospital de Cee

A deputada socialista da Costa da Morte, Loli Toja, mantivo hoxe, xunto coa portavoz do PSdeG de Cee, Margot Lamela, un encontro coa nova xerencia do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, para presentarlles as demandas cidadás para o centro e que serán defendidas na Cámara autonómica.

A responsable socialista salientou a “sintonía” e o “resultado positivo” do encontro na defensa dunha infraestrutura “fundamental, un gran logro para a comarca, e que compre mimar e reforzar para que medre”. Toja e Lamela visitaron as obras da unidade de diálise, que de acordo coa xerencia podería comezar a funcionar na primavera, e trasladaron a necesidade de reforzar o servizo de cardioloxía e colonoscopia.

Tamén trasladaron a inquedanza pola falla de medios materiais, que previsiblemente serán dotados a finais de ano. Os socialistas galegos presentáronlle á xerencia unha batería de iniciativas parlamentarias reclamando estas e outras demandas para o Virxe da Xunqueira.

Así, reclaman ampliar o servizo de reanimación a tempo completo, incrementar o cadro de persoal e os postos de hemodiálise no servizo de nefroloxía, implantar un servizo de cardioloxía, ampliar o servizo de dixestivo, renovar os materiais obsoletos de quirófano, ou o mantemento e mellora da prestación de prácticas asistenciais en xinecoloxía.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar