Levamos ao Parlamento o papel da Xunta na venta de R Cable a Euskaltel

Levamos ao Parlamento o papel da Xunta na venta de R Cable a Euskaltel

Levamos ao Parlamento o papel da Xunta na venta de R Cable a Euskaltel

Abel-LosadaO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta dea conta no Parlamento da venda da operadora galega R Cable á vasca Euskaltel. O responsable socialista quere saber si o goberno galego tivo coñecemento da operación ou tivo noticia polos medios de comunicación “como o resto dos galegos e galegas”.

Reclámalle á Xunta unha valoración sobre o papel de Abanca nesta operación, que considera “difícil de entender”. A financeira vendeu o seu 30 por cento de participación en R Cable a cambio de 180 millóns de euros e arredor do 4,5 por cento do capital da compañía vasca. Mentres Abanca desaparece de escena, sinala, a vasca Kutxabank asegúrase o 25 por cento do capital, preservando o seu peso na toma de decisións.

Todo isto por parte dunha entidade, Abanca, que ten manifestado reiteradamente o seu compromiso con Galicia, que naceu dunha privatización que custou 9.000 millóns de euros de fondos públicos para ser vendida por 1.000 millóns “cunha inexplicable premura” e que ofreceu beneficios aos afortunados compradores dende o primeiro ano.

Losada esíxelle ao goberno galego que clarifique o seu papel na operación, se tivo algo que ver ou polo contrario asistiu como “espectador complacido”, e que aclare se consideraba ou non polo tanto á empresa R Cable “como estratéxica para a nosa Comunidade Autónoma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar