Levamos ao Parlamento o arquivo xudicial da campaña difamatoria da Xunta contra UUAA

Levamos ao Parlamento o arquivo xudicial da campaña difamatoria da Xunta contra UUAA

Levamos ao Parlamento o arquivo xudicial da campaña difamatoria da Xunta contra UUAA

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias sobre o arquivo definitivo da campaña difamatoria encetada por Xunta e PP contra o sindicato agrario Unións Agrarias. Reclamará a comparecencia do vicepresidente da Xunta e da conselleira de Traballo polo seu uso “partidista e ilexítimo” da administración autonómica contra un sindicato.

García leva ao Parlamento “o remate da mal chamada polo PP trama agraria”, a través dunha serie de iniciativas para que o goberno ofreza as explicacións oportunas “logo de que os tribunais acabaran de forma definitiva coa campaña difamatoria encetada polo PP e o Goberno galego durante varios anos”. Sinala que os tribunais “confirman que o Goberno sabía que todo era mentira, xa que as subvencións investigadas imposibilitan ningún tipo de desvío de fondos”.

O responsable socialista sinala que dita campaña foi “un dos máximos expoñentes de cómo o presidente da Xunta pon todos os mecanismos do goberno ao servizo do PP pra fins puramente partidistas e ilexítimos”. Así o dixo logo de coñecer “o arquivo definitivo”, por parte da Audiencia Provincial de A Coruña, da causa aberta contra este sindicato, que xa fora sobreseído polo xulgado de Santiago e recorrido polo PP e a Xunta.

García anunciou unha interpelación ao goberno galego e a petición de comparecencia do vicepresidente da Xunta e da conselleira de Traballo e Benestar. Reclamou así a presenza de Alfonso Rueda na Cámara autonómica como “principal instigador na súa dobre condición de secretario xeral do PP e de conselleiro”.

O vicepresidente da Xunta, dixo, “non dubidou en ordenar unha campaña de persecución a unha organización con todos os mecanismos da administración autonómica, para perseguila e difamala ata límites insospeitados amparándose nas roldas de prensa do PP e erixíndose en xuíz e parte”.

O responsable socialista lembrou a “delirante estratexia de Rueda, que pola mañá daba unha rolda de prensa como responsable do PP para dirixirse a si mesmo, como vicepresidente, que pola tarde tiña que perseguir ao sindicato”.

Tamén reclama a comparecencia da conselleira de Traballo, que “seguiu as ordes de Vicepresidencia, tal e como confirmaron os funcionarios en sede xudicial, para deseñar un protocolo especial e específico de inspeccións do que non se coñecían precedentes por parte da Xunta de Galicia”, e sinalou que “nada que ver co procedemento seguido en outros casos como o do señor Gerardo Crespo”, principal imputado na Operación Zeta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar