Levamos ao Parlamento a mellora da seguridade na AC-546 de A Baña

Levamos ao Parlamento a mellora da seguridade na AC-546 de A Baña

Levamos ao Parlamento a mellora da seguridade na AC-546 de A Baña

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, recolleu hoxe a proposta do portavoz municipal de A Baña, Jose Pereira, para reclamarlle ao goberno galego a mellora da seguridade na AC-546 que cruza as parroquias de Barcala, Ordoeste Corneira. Os dous responsables mantiveron un encontro no Grupo Socialista antes de que Pereira rexistrara na Xunta as 300 sinaturas de veciños e veciñas con estas reivindicacións.

Os socialistas galegos rexistraron varias iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno galego que sitúe pasos de peóns con semáforo en cada unha das tres parroquias polas que transcorre o vial, de titularidade autonómica, “co fin de evitar a morte de máis veciños e veciñas”.

Trátase da principal estrada de comunicación entre Santiago e a Costa da Morte, que é utilizada cada ano por máis de un millón e medio de coches, que foi incluída pola DXT no mapa nacional de tramos máis perigosos para a circulación, e que rexistrou nos últimos anos varios accidentes co falecemento de veciños atropelados.

A pesares desta circunstancia, os veciños das tres parroquias teñen que cruzar a estrada a diario a cegas, xa que “carece de pasos de peóns de ningún tipo” co evidente risco para a integridade dos peóns. Pereira e a concelleira Ana Paramos trasladáronse a continuación á sede do goberno galego, onde rexistraron as 300 sinaturas dos veciños e veciñas reivindicando a mellora da seguridade na estrada.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar