Levamos ao Parlamento a redución de doenzas analizadas na proba do talón

Levamos ao Parlamento a redución de doenzas analizadas na proba do talón

Levamos ao Parlamento a redución de doenzas analizadas na proba do talón

O coportavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a posible redución á metade das doenzas analizadas no cribado neonatal, coñecido como “proba do talón”. O responsable socialista esíxelle ao goberno galego que “expoña na Cámara autonómica unha decisión que de ser certa resulta intolerable”.

O deputado socialista pregunta así na Cámara autonómica pola información, feita pública hoxe por un medio de comunicación, pola que a Consellería quere reducir de 24 a 12 as doenzas detectadas con esta proba. Considera que a decisión supón unha “inexplicable merma da calidade de vida e da atención sanitaria dos galegos e das galegas”, especialmente cando, de acordo cos especialistas, custa tanto facer 12 como 40 análises.

Pachi Vázquez advirte que o único que acada o goberno galego con esta decisión é “empeorar gratuitamente a calidade da atención sanitaria” e demostrar “o cinismo do presidente da Xunta”. Lembrou que o propio Feijóo “tiña a desfachatez de presumir xestión sanitaria” na sesión de control do Parlamento desta semana, “mentres agochaba unha decisión tan inxusta como incomprensible”.

O parlamentario socialista lamenta o “empecinamento do goberno galego e de quen o preside por forzar que a sanidade pública de Galicia deixe de ser referencia” na atención aos neonatos, logo de levar dende o ano 2000 prestando unha atención líder no Estado, xunto con Andalucía e Murcia.

Explica que a proba do talón permite a detección precoz de enfermidades metabólicas, endócrinas ou xenéticas, permitindo anticipar os tratamentos e reducir a mortalidade. Ademais fai caso omiso á preocupación do distintos colectivos polo “dano irreparable” que pode supor esta medida para quen sufra unha patoloxía que poida ser detectada e tratada grazas a unha diagnose precoz que reduce ademais o custe de futuros tratamentos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar