Letra pequena nas axudas da Xunta ás vítimas dos incendios

Letra pequena nas axudas da Xunta ás vítimas dos incendios

Letra pequena nas axudas da Xunta ás vítimas dos incendios

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, deu hoxe a alarma sobre a “letra pequena” que agocha o decreto de axudas para as familias dos falecidos e ás persoas hospitalizadas polos lumes da semana pasada. A responsable socialista esixiulle explicacións ao goberno galego no Parlamento e solicitou a retirada desta cláusula.

Vilán lembra que logo da vaga de lumes, de tráxicas consecuencias, o presidente da Xunta anunciou “axudas inminentes” de 75.000 euros para as familias das vítimas e de entre 60 e 103 euros por cada día de hospitalización ás persoas danadas. Acusou ao presidente da Xunta de “agochar a letra pequena”, xa que o artigo 6 do decreto “dise expresamente que se concederán axudas sempre que, como resultado das investigacións iniciadas, se determine a existencia de intencionalidade”.

A responsable socialista sinala que “este artigo significa que as familias das persoas falecidas e os feridos só recibirán axudas no momento en que unha sentenza firme probe a intencionalidade por parte de alguén”. Explicou que, “no mellor dos casos, cando se demostre ese terrorismo incendiario do que fala Feijóo e que non aparece por ningures, están condenados a agardar periplos xudiciais que poden durar anos”.

Vilán lamenta a “falla de escrúpulos desta Xunta e do seu presidente” ao “utilizar ás vítimas de forma sibilina para vender un produto que non é certo, demostrando que a prioridade non son as familias nin os afectados, a súa única preocupación é o rédito publicitario que poida acadar”.

Os socialistas presentarán por isto unha serie de propostas parlamentarias para modificar o dito artigo do Decreto de axudas para suprimir a frase “sempre que, como resultado das investigacións iniciadas, se determine a existencia de intencionalidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar