Lembrámoslle a Feijóo que foi o goberno de Touriño quen declarou BIC o Pazo de Meirás coa oposición do PP

Lembrámoslle a Feijóo que foi o goberno de Touriño quen declarou BIC o Pazo de Meirás coa oposición do PP

Lembrámoslle a Feijóo que foi o goberno de Touriño quen declarou BIC o Pazo de Meirás coa oposición do PP

A portavoz de Cultura do grupo socialista, Concepción Burgo, ante as declaracións “impresentables” do presidente da Xunta nas que pon en dúbida o compromiso inequívoco do goberno presidido por Emilio Pérez Touriño coa memoria histórica e as vítimas do franquismo “só para agochar a súa actitude timorata coa familia Franco”, lémbralle a Alberto Núñez Feijóo que foi precisamente o goberno presidido polos socialistas quen declarou BIC o Pazo de Meirás “coa oposición firme do PP, por certo”.

 

Burgo destaca que o recoñecemento do Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural produciuse no último ano de goberno antes da chegada de Feijóo á presidencia, e despois de ter loitado contra a familia Franco nos tribunais. “O PP tardou despois máis de dous anos en facer que se cumprise a lei despois de deixarlles todo preparado e incluso lle estiveron pagando á familia Franco o custo da seguridade e das visitas”.

 

“Entendemos que o presidente da Xunta intente tapar que o seu partido é reacio a condear o réxime franquista e que segue a amparar baixo as súas siglas a moita xente proclive a ensalzar a figura do ditador, pero non consentiremos que falsee a realidade para esconder as súas vergoñas”, afirma a socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar