Lembrámoslle a Feijóo que o residente do Consultivo ten unha sentenza en contra e que a Xunta é "cómplice"

Lembrámoslle a Feijóo que o residente do Consultivo ten unha sentenza en contra e que a Xunta é "cómplice"

Lembrámoslle a Feijóo que o residente do Consultivo ten unha sentenza en contra e que a Xunta é “cómplice”

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamenta que o presidente da Xunta defendese esta mañá ao presidente do Consello Consultivo obviando aspectos tan graves como que ten unha sentenza na súa contra por alterar as condicións dos funcionarios de forma irregular, “torpe e inxustificada”, segundo o propio xuíz. Ademais, Vilán lémbralle a Feijóo que el mesmo e o vicepresidente da Xunta son “cómplices” coa modificación en “fraude de lei” da Lei do Consello Consultivo a través da Lei de Acompañamento para o seu beneficio.

A socialista critica a “defensa hipócrita” de Feijóo ao agarrarse só á investigación aberta contra o presidente do Consultivo na Operación Cóndor para parapetarse na súa presunción de inocencia, “algo que os socialistas comparten e sobre o que esperan todas as explicacións oportunas canto antes”, mentres obvia “as claras actuacións irregulares confirmadas polo xulgado” en contra de traballadores públicos coa fin de “tapar a unha persoa por intereses incomprensibles e que Feijóo debe aclarar”.

Vilán ve esta situación “inadmisible” e insiste na petición de “cese inmediato” do presidente do Consultivo, un órgano que “debera ser un exemplo de transparencia e loita contra este tipo de prácticas”. De acordo coa sentenza do xulgado de Santiago, o presidente do Consultivo decidiu deixar de pagar os complementos retributivos aos traballadores sen ningún tipo de motivación, nunha mostra de “torpeza e inxustificación”. Agora deberá devolver os importes, o que, de incluír a todos os funcionarios e letrados do órgano, podería supor un desembolso total de 100.000 euros para o ente.

A deputada cuestiona tamén a actuación da Xunta, disposta a modificar a Lei do Consello Consultivo, a través da Lei de Acompañamento que será votada o próximo luns, para suprimir o corpo de letrados do órgano e integralos no corpo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma “e por libre designación”. Advertiu que “a esta modificación non é alleo o vicepresidente da Xunta”, máximo responsable dos servizos xurídicos.

Advertiu que o presidente quere “quitar do medio aos letrados molestos”, como vén facendo dende que tomou posesión en xullo de 2014. A partir daquela data os asuntos tratados polo órgano son repartidos arbitrariamente polo seu presidente e non asignados en orde de entrada, como viña sendo habitual, dividindo o corpo entre os encargados dos asuntos “de trámite” e aqueles sobre os que recaen as cuestións de maior entidade.

A primeira consecuencia, ademais, de xerar un notable malestar entre os traballadores do ente, foi multiplicar o número de votos particulares, que pasaron de ser “casos puntuais” a sumar ata 22 dende xullo de 2014.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar