Leiceaga: “O Goberno galego incumpriu as súas promesas de financiamento, titulacións, e investigación no sistema universitario”

Leiceaga: “O Goberno galego incumpriu as súas promesas de financiamento, titulacións, e investigación no sistema universitario”

Leiceaga: “O Goberno galego incumpriu as súas promesas de financiamento, titulacións, e investigación no sistema universitario”

O Portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga interveu hoxe no Pleno do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas recollidas no Informe aprobado pola Comisión de seguimento do Plan de financiamento do SUG.

Alí denunciou que a política universitaria de Feijoo carece de ordenación, prioridades e ten unha ausencia dunha política de reformas. Por iso asegura que é necesaria unha planificación xeral, unha fixación de obxectivos e unha ordenación de prioridades. A maiores Leiceaga tamén bota en falta “liderazgo e financiación”, e cualificou a política universitaria de recursos humanos “como un absoluto fracaso”, e insistiu “en materia de investigación temos un problema”, e asevera que non vamos a chegar a un 1% en PIB no Plan de financiamento.

Por iso envioulle unha mensaxe ao Conselleiro de Educación “ten que pasar da mera retórica ampulosa á realidade, e facer políticas para mellorar a calidade do Sistema Universitario de Galicia”, espetou.

O parlamentario socialista explicou na súa intervención que o Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015 contempla a existencia dunha Comisión, que debe propor medidas de aforro no funcionamento do sistema.

Medidas

Mais polo miúdo argumentou que en datas recentes coñeceuse o seu primeiro informe que foi aprobado por consenso e que, a partires das propostas iniciais recolle diversas medidas:

1.Medidas de racionalización de persoal e alumnado (horizonte 2015).

2.Racionalización do gasto corrente.

3.Inventario de equipamento científico para uso compartido mediante comisión interuniversitaria (cantidade e utilidade).

4.Desconcentración departamentos (tendencia á fusión departamentos en campus centrais establecendo un tamaño mínimo por departamento -redución complementos e cargos-; e, ao mesmo tempo, creación de departamentos en campus periféricos –aforros en tempo, dietas, quilometraxe, mellora na xestión).

5.Concentrar os asuntos de xestión compartida dentro do SUG nun único ente.

6. Financiamento dos centros mediante contratos-programa.

7. Aumento ingresos propios (prezos públicos, títulos propios, formación continua, aumento retención “overheads”)

8.Implantación da administración electrónica.

9.Reducción custos comunicación (nivel local e nacional) mediante emprego de skype ou similares.

10.Bibliotecas (potenciación dos formatos dixitais, visión sistémica adquisición libros, condicións adquisición e explotación bases de datos).

Leiceaga advirte que a lectura simple do mesmo indica que se suman declaracións de intencións sen ningunha concreción ou cunha periodificación temporal laxa (propostas 1, 2, 8, por exemplo); medidas con certa concreción que supoñen accións internas ás universidades, que estas poden adoptar sen precisar autorización da comunidade autónoma (propostas 4, 6, 9, por exemplo) e outras, en cambio, que perseguen unha maior coordenación entre as universidades e coa Administración autonómica (proposta 3, 5, 10). O deputado quere saber si algún calendario sobre este asunto “para pasar de meras declaracións de intencións aos  feitos”.

Sen estimación nin previsións

Dixo  que a Xunta elude presentar “ningunha estimación nin previsión” sobre o aforro que suporán estes recortes e resulta contraditorio cos anuncios “xenéricos” de mellora do perfil das titulacións feito pola Xunta

Así as cousas Leiceaga quere coñecer que supoñen estas medidas e estas propostas no SUG. O deputado quere saber si a Consellería de Educación puxo en marcha algúns dos plans prantexados.

Contratación de persoal

No turno de replica o parlamentario socialista denunciou que o Conselleiro de Educación non moveu un so dedo para poñer en marcha as medidas do decálogo.

Asegura tamén que no Plan de financiamento establecese que a Consellería de Facenda ten unha capacidade de control previo, sobre a decisión das Universidades en materia de contratación de persoal.

Por ultimo dixo que o Goberno de Feijóo “afoga” a investigación universitaria con continuos recortes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar