LEICEAGA TRASLÁDALLE A PEDRO SÁNCHEZ “UNHA AXENDA GALEGA” COAS PRIORIDADES QUE OS DEPUTADOS DO PSDEG “PLANTEXARÁN NO CONGRESO E O SENADO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, mantivo hoxe en Madrid unha reunión co secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, para trasladarlle “unha axenda galega coas nosas prioridades”.

“Foi unha reunión cordial e construtiva, falamos das cuestións que desde a perspectiva de Galicia son importantes para plantexar no Congreso e no Senado”, afirmou Leiceaga, que pretende impulsar “unha axenda a partir do decálogo que presentamos na campaña electoral”.

O candidato socialista agradeceu a receptividade de Sánchez e afirmou aos medios de comunicación que “os deputados do PSdeG en Madrid defenderán os intereses de Galicia”.

Por outra parte, o secretario xeral do PSOE garantiu o compromiso do partido e a súa presenza en Galicia na campaña das autonómicas. “Hai una posibilidade de cambio e necesitamos o apoio de todos para que isto sexa posible”, engadiu Leiceaga, que rematou afirmando que “a disponibilidade de Pedro Sánchez é total e só queda que Feijóo concrete a data das eleccións”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar