LEICEAGA: “TEREMOS LISTO O PROGRAMA ELECTORAL A PRINCIPIOS DE XULLO, O PSDEG SERÁ UNHA ALTERNATIVA SÓLIDA PARA DISPUTARLLE A XUNTA AO PP”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que “a principios do mes de xullo teremos listo o programa electoral, os socialistas galegos seremos unha alternativa sólida” para disputarlle o goberno ao Partido Popular.

En declaracións aos medios de comunicación, Leiceaga apuntou que “hoxe mesmo empezamos a organizar o traballo e a axenda pensando nas eleccións de outono”. “Queremos difundir as nosas propostas entre os colectivos sociais e grupos organizados que poidan aportar as súas demandas”, manifestou.

“Estaremos á altura das circunstancias e faremos un traballo intenso de contacto coa sociedade”, asegurou Leiceaga, que recoñeceu que está “contento e satisfeito, pero tamén asumindo a responsabilidade que temos os socialistas por diante”.

“O PSdeG xera moitas expectativas e temos que estar á altura das circunstancias”, engadiu o candidato socialista, que atopou no partido “un ambiente de traballo e colaboración”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar