Leiceaga reprocha á Xunta que non fixera os centros de saúde comprometidos na comarca de Compostela

Leiceaga reprocha á Xunta que non fixera os centros de saúde comprometidos na comarca de Compostela

Leiceaga reprocha á Xunta que non fixera os centros de saúde comprometidos na comarca de Compostela


O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia ven de instar á Xunta a cumprir co compromiso adquirido nos Orzamentos do 2010 e inicie á construción dos catro centros de saúde previstos na comarca de Compostela.

A iniciativa, rexeitada polo Partido Popular, foi defendida polo parlamentario compostelán, Xaquín Fernández Leiceaga, quen anunciaba, na súa exposición de motivos, que a intención da mesma era lograr un acordo entre os grupos para acadar do Goberno galego un compromiso de calendario de execución dos centros de saúde de Santiago – Conxo, Santiago – Galeras, Teo e Ames – Milladoiro.

Nos Orzamentos de 2010, dentro das Previsións de inversión realizadas coa colaboración público – privada para a lexislatura, en relación ao Plan Integral de Investimentos no primeiro nivel asistencial, inclúese unha relación de 54 actuacións correspondentes a 51 centros de saúde de atención primaria, entre eles os catro citados, e 3 CAR, no Morrazo, Vigo e Lalín. Cun importe aproximado de 116 millóns de euros. Corresponden pois, por actuación, apenas 2,1 millóns.

A preocupación polo cumprimento do compromiso respecto da construcción destes centros elévase para os socialistas porque “nos trinta meses transcorridos de goberno do señor Feijóo non comezou a construción de ningún destes centros de saúde, a fórmula de colaboración público privada, defendida como instrumento da aceleración da posta en servizo dos investimentos nun contexto de penuria económica, xogaron xustamente en sentido contrario”.

Leiceaga lembrou que, a día de hoxe, non existe certeza de que vai proseguirse por esa vía, pero tampouco aparecen recursos dabondo non Orzamento de 2012 para facer fronte a esas actuacións.

O deputado socialista rematou afirmando que “xa sabemos hoxe que o actual Presidente da Xunta non vai inaugurar ningún centro de saúde de nova construción en Santiago e a súa comarca nesta lexislatura”. Considera que tampouco “temos ningunha seguridade de que algún dos catro centros previstos nesta comarca vaian ser iniciados antes de marzo de 2013”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar