Leiceaga reivindica o cambio progresista encabezado polo PSdeG nos concellos

Leiceaga reivindica o cambio progresista encabezado polo PSdeG nos concellos

Leiceaga reivindica o cambio progresista encabezado polo PSdeG nos concellos

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, reivindicou hoxe a capacidade de “impulsar o cambio no sentido progresista” demostrado polo PSdeG nos concellos galegos. Así o dixo nun acto de conmemoración de “Un ano de gobernos municipais socialistas”, celebrado en Lugo xunto co presidente do Congreso, Patxi López, a candidata ao Congreso Margarita Pérez Herraiz e a alcaldesa, Lara Méndez.

O responsable socialista dixo que os socialistas galegos “representamos o cambio municipal e vamos a representar o cambio en España primeiro e en Galicia despois” nas eleccións xerais e autonómicas. Sinalou que grazas a este cambio os socialistas gobernan hoxe a 1 de cada 3 galegos e galegas, ademais de dirixir 3 das 4 deputacións provinciais de Galicia.

Sinalou que en tan só un ano os gobernos socialistas contribuíron de forma definitiva a parar os desafiuzamentos, foron punta de lanza no impulso aos programas sociais e na atención á emerxencia social. Os concellos galegos, engadiu, demostraron outra forma de gobernar facendo bandeira da transparencia coa cidadanía e da erradicación da lacra da corrupción.

Tamén reivindicou a “proverbial” capacidade de integración, diálogo e entendemento dos socialistas galegos, que demostraron o éxito de coalicións, pactos e apoios diversos que permitiron garantir gobernos plurais.

Puxo como exemplo o Concello de Lugo, onde un goberno en minoría foi quén de sacar adiante os orzamentos e políticas dirixidas a atender ás necesidades da cidadanía, demostrando man tendida e capacidade de diálogo nun Executivo eficaz.

Patxi López

O presidente do Congreso dos Deputados, o socialista Patxi López, secundou a reivindicación a favor do cambio socialista nos concellos participando deste acto no que sinalou a diferenza entre o “abandono, apatía, recortes e concellos de portas pechadas do PP” e a “apertura, políticas sociais ou políticas activas de emprego” dos gobernos socialistas.

Sinalou que os socialistas permitiron que 50.000 persoas atoparan emprego, impulsaron máis de 50 oficinas de mediación para evitar máis de 3.800 desafiuzamentos mentres impulsaban políticas transparentes garantindo o control público que que non haxa sombra de dúbida sobre a corrupción.

Así o dixo nun acto no que tamén interveu a candidata socialista ao Congreso, Margarita Pérez Herraiz, quen lembrou o escaso apoio que ofreceu o goberno de Rajoy ao desenvolvemento das políticas sociais dende os concellos durante estes catro anos.

Sinalou a importancia fundamental da cooperación institucional nunha provincia como a de Lugo que ten un 37 por cento de pensionistas, fronte á media dun 21 por cento, e que posúe unha emigración maior á media e necesita de apoio para o sector primario, a industria e o desenvolvemento das infraestruturas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reivindicou a súa xestión á fronte dun Concello que ten demostrado “cómo hai que facer política con maiúsculas”, centrada nos “acordos e o diálogo como base de traballo para dar resposta aos veciños e veciñas” a través dunha política “de cercanía e resolutiva”.

Ataque EEUU

Os socialistas galegos enviaron hoxe unha mensaxe de condena categórica contra o ataque rexistrado esta fin de semana nun club de ambiente nos Estados Unidos, “tanto proceda do terrorismo islámico como dende a homofobia”, dixo Lara Méndez. Patxi López amosou a solidariedade dos socialistas coas vítimas e os seus achegados e reivindicou “o valor da unidade e da pedagoxía, de educar nos valores éticos e na tolerancia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar