LEICEAGA REFORZARÁ O PAPEL DA CULTURA PARA QUE “O EMPREGO NO SECTOR CREZA UN 20%” E DESENVOLVERÁ UN PACTO POLA LINGUA

LEICEAGA REFORZARÁ O PAPEL DA CULTURA PARA QUE “O EMPREGO NO SECTOR CREZA UN 20%” E DESENVOLVERÁ UN PACTO POLA LINGUA

LEICEAGA REFORZARÁ O PAPEL DA CULTURA PARA QUE “O EMPREGO NO SECTOR CREZA UN 20%” E DESENVOLVERÁ UN PACTO POLA LINGUA

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que reforzará o papel da cultura para que “o emprego no sector creza un 20%” nos próximos catro anos e desenvolverá un pacto pola lingua.

Leiceaga participou nunha Xuntanza Sectorial de Cultura e Lingua, na que foi presentado nunha intervención aberta por Antón Louro, subdirector xeral de Cultura no goberno de González Laxe. “A nosa identidade está moi presente no noso proxecto de Galicia, a cultura é unha parte imprescindible do que representa este país”, manifestou o candidato do PSdeG.

“Levamos anos de recortes severos na cultura, un sector que non está na precampaña e debe ter unha dimensión social e de emprego importante”, dixo Leicega, que lamentou que “Feijóo quebrase o consenso lingüístico cunha enorme falta de respecto polo que somos, pola nosa identidade”.

O socialista anunciou que “recuperaremos o gasto cultural do ano 2008, apoiando a creadores e empresas”, ademais de falar da necesidade de “aumentar o peso dos programas culturas na TVG” e de “coidar o patrimonio cultural vinculado ao Camiño de Santiago”.

Con respecto ao galego, Leiceaga recuperará “o seu uso en todos os ámbitos, poñendo en marcha un novo plan de normalización lingüística”. “Temos que acadar un consenso político e social, seguindo as recomendacións da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega”, engadiu.

“O cambio é urxente, necesario e posible, faremos unha campaña para extender esta idea de mobilización entre o electorado progresista, os socialistas temos un proxecto de país para liderar a alternativa ao PP de Feijóo con propostas e rigor”, rematou.

Ao acto de hoxe sobre o sector cultural asistiron, entre outros, o filósofo Antón Baamonde; o filólogo Jocan Casares; o editor Manolo Bragado; o director de teatro Manolo Vieitez; o arqueólogo e experto en Patrimonio Félix González, e o editor José Antonio Perozo.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar