LEICEAGA RECUPERARÁ “A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO NA EDUCACIÓN”

LEICEAGA RECUPERARÁ “A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO NA EDUCACIÓN”

LEICEAGA RECUPERARÁ “A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO NA EDUCACIÓN”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe en Ames que recuperará “a gratuidade dos libros de texto na educación”, unha “conquista” posta en marcha polo goberno de Emilio Pérez Touriño que eliminou o PP de Feijóo.

Leiceaga visitou no comezo do curso escolar o CEIP Agro do Muíño, en Ortoño, onde anunciou varias medidas para mellorar a calidade do sistema educativo, “que ten que ser o noso factor diferencial e un elemento de igualdade de oportunidades”.

O candidato socialista comprometeuse tamén a “devolver a 2.500 profesores nos próximos catro anos” á educación pública galega. “Apostamos por políticas públicas eficaces que aposten polas persoas, con servizos que cubran as súas necesidades”, afirmou Leiceaga.

“Ames e Burela, onde estivemos onte, son excepcións nun contexto demográfico regresivo, son dous municipios que van na dirección na que debería ir o conxunto de Galicia”, engadiu o socialista, para o que a educación pública será un dos grandes piares da súa política.

“Hoxe é o día de comezo do curso, un día de alegría pero tamén de preocupación para moitas familias por ter que facer fronte aos gastos, que poden ser unha cantidade importante”, engadiu Leiceaga, que considera “asumibles” as dúas medidas anunciadas hoxe, “e serán moi beneficiosas para as familias e o sistema educativo”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar