Leiceaga recrimina ao PP que non aprobara unha iniciativa para abrir ao público os xardíns do Pazo de Amarante

Leiceaga recrimina ao PP que non aprobara unha iniciativa para abrir ao público os xardíns do Pazo de Amarante

Leiceaga recrimina ao PP que non aprobara unha iniciativa para abrir ao público os xardíns do Pazo de Amarante

O Partido Popular impediu que se aprobara hoxe no Parlamento a Proposición non de lei dos Socialistas de Galicia pola que se instaba á Xunta á cesión para uso público dos xardíns do Pazo de Amarante ao Concello de Santiago. Dita actuación levaríase a cabo previa comunicación e consulta cos presidentes do Consello Galego de Relacións Laborais, o Consello Económico e Social e o Consello Consultivo de Galicia, institucións que alberga o inmoble, de titularidade autonómica.

Precisamente o inicio previo destas conversas pola Administración autonómica serviron ao Partido Popular de argumento para rexeitar a iniciativa. Sen embargo, o parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, considera que son outros os motivos que levan ao grupo que apoia ao goberno, e en especial, á deputada e concelleira en Santiago Paula Prado, a impedir o impulso desta iniciativa.

Para Leiceaga, a deputada popular mantén un comportamento “imposible” coa oposición, e reprochoulle “a súa incapacidade para votar a favor unha iniciativa” que proveña desta, “nin sequera cando coincidimos plenamente”.

O deputado compostelán recordou a Prado que esta iniciativa conta co consenso da Asociación de Veciños do Casco Histórico e que recolle unha promesa electoral do seu propio partido en Santiago, onde exerce de concelleira. Leiceaga admitiu que, de ser certo que se ten encetado as conversas por parte da Xunta cos consellos inquilinos do Pazo, só sería necesario unha transacción para que a iniciativa hoxe a debate servise para axilizar a sinatura do convenio.

Pero para o socialista está claro que da actitude amosada pola deputada popular só se desprende que esta iniciativa se rexeita “porque a presenta a oposición, aínda que esteamos plenamente de acordo”, pero “se vostede non a presentou sería porque non o considerou oportuno”, espetoulle Leiceaga, quen engadiu que “nin vostede vai decidir que iniciativas presento nin cales tramito”.

Contrariado por que se escudaran nunha mala escusa para rexeitar esta iniciativa, Leiceaga instou aos populares a axilizar a sinatura do convenio para “maior beneficio dos habitantes do Casco Histórico e que poidan usar este espazo público canto antes”.

Os xardíns do Pazo de Amarante ocupan un espazo verde de 4.000 metros cadrados entre as rúas compostelás de Entremuros, Algalia de Abaixo, Casas Reais e Praza do Salvador. Uns xardíns moi descoñecidos ao permanecer polo momento pechados ao goce dos habitantes e visitantes da cidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar