Leiceaga reclama negociacións entre Xunta e Fegamp para establecer un calendario de mantemento dos centros educativos

Leiceaga reclama negociacións entre Xunta e Fegamp para establecer un calendario de mantemento dos centros educativos

Leiceaga reclama negociacións entre Xunta e Fegamp para establecer un calendario de mantemento dos centros educativos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista Xoaquin Fernández Leiceaga, rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama impulsar un proceso de negociación entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para establecer un calendario de asunción das funcións de mantemento, vixilancia e limpeza dos centros por parte da Consellaría de Educación.

Leiceaga demanda tamén, na iniciativa rexistrada, que mentres se realiza ese proceso de reasignación de funcións, establecer un acordo, consensuado entre a Consellaría de Educación e a Fegamp, establecendo un tope máximo anual de gasto de mantemento, vixilancia e limpeza por parte dos concellos, en función de criterios obxectivos.

Explica que as competencias sobre educación residen na Comunidade Autónoma “polo tanto é a que se ocupa da prestación do servizo, dentro do marco xeral vixente en todo o territorio español”. Sinala ademais que a Administración local encárgase do mantemento, da seguridade e dos gastos de limpeza dos centros de ensinanza primaria “e esta obriga municipal está recollida en diversos textos normativos”.

A maiores argumenta que o proceso de Pacto Local aspiraba a unha reasignación de funcións entre a Administración autonómica e a municipal, “co fin de simplificar a xestión, e liberar así á administración máis esixida, a municipal, de cargas e gastos colaterais, sobre unha competencia esencialmente autonómica”. Relata tamén que algúns gastos dos centros de saúde, e o gasto en gasóleo dos colexios foron asumidos pola Xunta de Galicia xa hai algúns anos.

A Xunta aforra e os concellos gastan

Pero asevera que na nosa Comunidade a día de hoxe “non se continuou por ese camiño”. Nese senso advirte da fase quer vivimos “e na que os ingresos públicos están moi afectados á baixa, pola caída da actividade económica, por iso as administracións reaccionan recortando partidas necesarias”. Afirma que unha caída no nivel de investimentos obriga a curto e medio prazo a elevar o gasto en mantemento e reparacións, por iso advirte “que como consecuencia, a Xunta de Galicia aforra e os concellos gastan”.

O portavoz de Educación afirma que “a actual distribución de funcións favorece decisións e comportamentos que penalizan ás administracións municipais mentres alivian á autonómica. E que dificulta a xestión orzamentaria municipal”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar