Leiceaga reclama manter as 400 prazas de Medicina na USC

Leiceaga reclama manter as 400 prazas de Medicina na USC

Leiceaga reclama manter as 400 prazas de Medicina na USC

O parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga reclamou á Xunta que manteña os números clausus da Facultade de Medicina da USC en 400. Así o dixo nunha pregunta oral presentada na Comisión de Sanidade de hoxe, na que instou á Xunta a manter este número ampliado grazas a unha iniciativa socialista aprobada no Parlamento en decembro de 2009.

O parlamentario compostelán sinalou o previsible incremento na demanda de facultativos entre 2015 e 2025 motivada polas xubilacións dos profesionais incorporados á actividade nos anos 70. Chamou á “responsabilidade” para “casar a oferta de prazas e as necesidades sociais a medio e longo prazo” e permitir así atender a esta necesidade de prazas.

Leiceaga explicou que os recortes e axustes orzamentarios do Plan de Financiamento das Universidades aprobado pola Xunta “defrauda as expectativas” e “dificulta manter a oferta de prazas”. Salientou a necesidade de manter estas prazas xa que a de Santiago é a única Facultade de Medicina da Comunidade Autónoma para atender a este previsible incremento na demanda de médicos.

Amosou a súa satisfacción polo compromiso da Xunta de cara a manter estas prazas, grazas á iniciativa presentada hoxe polos socialistas, e dixo que se trata dunha “opción razoable” para o futuro desta especialidade.

Aumento de prazas

Leiceaga lembrou que o número de prazas na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela dende as 300 de 2009-2010 ata as 400 do curso 2010-2011 foi tamén posible grazas a unha iniciativa parlamentaria socialista que acadou o respaldo unánime da Cámara autonómica a finais de 2009.

Sinalou a necesidade desta ampliación dos numerus clausus tanto pola previsión de incremento da demanda de profesionais sanitarios como pola elevada demanda de estudantes que solicitaban o seu ingreso, elevando a nota de corte ata o 8,5 sobre 10 –ou 11,5 sobre 14 de acordo coas novas pautas-.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar