Leiceaga reclama esgotar o teito de gasto para mellorar a atención a dependentes e a Risga

Leiceaga reclama esgotar o teito de gasto para mellorar a atención a dependentes e a Risga

Leiceaga reclama esgotar o teito de gasto para mellorar a atención a dependentes e a Risga

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que utilice a décima adicional concedida de límite de déficit, para mellorar a atención á Dependencia e a Risga. Na sesión de control ao presidente, sinalou que esa décima suporía en torno a 60 millóns de euros adicionais “sen custe en termos de xuro”.

O portavoz socialista propuxo destinar 30 millóns de euros da dita contía a aumentar os beneficiarios da Risga e aumentar as prestacións, xa que hoxe só chega a 15.000 galegos e galegas dun total de 100.000 con “privación material severa”. Ademais, dixo, os beneficiarios destas axudas perciben 400 euros ao mes en Galicia, fronte aos 650 de outras autonomías como o País Vasco.

Fernández Leiceaga reclamou incrementar os beneficiarios en 5.000 máis, aumentando ademais a contía nun 15 por cento. Advertiu que “algo parecido sucede coa Dependencia”, onde a directora xeral de Políticas Sociais da Xunta sinalaba recentemente que hai 17.000 beneficiarios pendentes de ser atendidos, polo que propuxo destinar os outros 30 millóns para “eliminar a lista de espera” en 2017.

Sinalou neste sentido a carta remitida polo pai dun neno autista galego a quen lle reduciron a contía dispoñible do Programa Individual de Atención –PIA- á metade como consecuencia dunha revisión de oficio da Consellería de Política Social.

O responsable socialista reclamou a modificación do teito de gasto de Galicia para “utilizar dende xa eses 60 millóns adicionais”. Advertiu que “cando nos deamos conta xa pasou mais da metade do exercicio orzamentario e non teremos capacidade de usar esa contía adicional”.

Déficit de proxecto

O responsable socialista alertou fronte a un “erro de diagnose ou déficit de proxecto” de Feijóo ao renunciar a solicitar dita contía mentres as políticas sociais da Xunta “deixan moito que desexar”. Fernández Leiceaga presentou o índice Dereitos – Economía – Cobertura –DEC- da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, que lle concede a Galicia un Moi Deficiente no desenvolvemento de servizos sociais.

De acordo co índice, España superou xa a situación de emerxencia social para “situarse na precariedade e falta de oportunidades”, e fronte á media de 4,5 de España, Galicia é puntuada cun 2,6, “a cuarta pola cola e debaixo da media en tres subíndices”.

Explicou que o DEC penaliza as políticas sociais da Xunta “porque a Risga non cubre a todos os necesitados, a Dependencia ten unha lista de agarda demasiado ampla e as outras políticas sociais deixan moito que desexar”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar