LEICEAGA: “QUERO DICIRLLES AOS INCONFORMISTAS, AOS DECEPCIONADOS E AOS INDECISOS QUE O ÚNICO VOTO ÚTIL PARA O CAMBIO É O DO PARTIDO SOCIALISTA”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, dirixiuse esta tarde “aos inconformistas, aos decepcionados e aos indecisos” para dicirlles que “o único voto útil para o cambio é o do Partido Socialista”.

Leiceaga participou en dous actos políticos en Viveiro e Lugo nos que manifestou que “nestas eleccións só hai dúas opcións, votar polo cambio que ofrece o PSOE ou darlle catro anos máis a Feijóo e a Rajoy”.

“Hoxe pola mañá houbo Consello da Xunta e seguen dando subvencións a tres días das eleccións, é escandalosa a utilización sesgada de fondos públicos para mellorar un resultado electoral”, criticou.

“Aos desencantados coa corrupción do PP e aos desencantados coas Mareas nas cidades pídolles a confianza no Partido Socialista, porque somos a única opción con capacidade real para cambiar Galicia”, apuntou o candidato socialista.

“Quedarse na casa é condenar a Galicia a máis de paro, recortes e privatizacións”, engadiu Leiceaga, que comprometeuse a poñer en marcha “un proxecto de país, con progreso e modernización en igualdade”.

“O único voto útil para que o PP non consiga a maioría absoluta é o do Partido Socialista”, aseverou o candidato do PSdeG, que rematou afirmando que “a única forma real de cambiar as cousas é votando ao Partido Socialista”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar