LEICEAGA PROPÓN “UN PROGRAMA DE RETORNO DO TALENTO” PARA MOZOS EMIGRADOS E AXUDAS PARA FACILITAR O ACCESO A ESTUDOS DE POSGRADO

LEICEAGA PROPÓN “UN PROGRAMA DE RETORNO DO TALENTO” PARA MOZOS EMIGRADOS E AXUDAS PARA FACILITAR O ACCESO A ESTUDOS DE POSGRADO

LEICEAGA PROPÓN “UN PROGRAMA DE RETORNO DO TALENTO” PARA MOZOS EMIGRADOS E AXUDAS PARA FACILITAR O ACCESO A ESTUDOS DE POSGRADO

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, manifestou hoxe na Coruña que “os socialistas poñeremos en marcha un Programa de Retorno do Talento para facilitar o regreso dos mozos e mozas emigrados nos últimos anos”.

Leiceaga visitou o Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña despois de manter una reunión co rector, Julio Abalde. “Seremos una alternativa seria e sólida, é necesario un cambio nas políticas de recortes”, asegurou. Xunto ao candidato estivo Juan Díaz Villoslada, número 3 da lista e ata o de agora xerente da UDC.

“Feijóo dí estes días que Galicia é un bo lugar para nacer, aínda que nas caixas finlandesas que regala debería haber un cheque de 4.000 euros para pagar a débeda que lle deixa a cada cidadán”, afirmou o candidato socialista, “pero a realidade é que Feijóo cumpriu con Montoro pero non cos galegos, que non poden desenvolver aquí o seu proxecto vital”.

“Temos que eliminar a barreira entre a universidade e o mercado de traballo, ademais do problema de falta de recursos, xa que os orzamentos para I+D+i con Feijóo baixaron un 27% e hai moitos grupos de investigación con serios problemas”, aseverou ante os medios de comunicación.

“O programa de retorno do talento permitirá reincorporar ao sistema universitario galegos a moitos mozos que tiveron que marchar”, dixo Leiceaga, que falou da necesidade de “aumentar a colaboración entre a Xunta e as universidades, mais alá do fondo de financiamento, para reforzar os estudios de posgrado”.

“A Xunta dará axudas para estudios de posgrado a aqueles que non teñan recursos para acceder a eles”, engadiu, anunciando tamén “un Instituto Galego de Investigación, similar aos que xa existen en Cataluña o País Vasco, para consolidar e dar un salto adiante na investigación”.

Ferrol
Posteriormente, visitou o Campus de Ferrol xunto coa vicerreitora, Araceli Torres Miño. “Temos que mellorar a colaboración entre Navantia e a universidade para garantizar o futuro da construcción naval, con unidades de traballo entre a empresa e a Politécnica da Coruña”, explicou Leiceaga, que considera tamén fundamental “o CIS de Ferrol”. “O sector naval debe estar á vangarda das tecnoloxías”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar