Leiceaga propón suprimir o copago sanitario para máis de 650.000 pensionistas galegos

Leiceaga propón suprimir o copago sanitario para máis de 650.000 pensionistas galegos

Leiceaga propón suprimir o copago sanitario para máis de 650.000 pensionistas galegos

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, lanzou hoxe o seu primeiro compromiso de campaña, logo do parón de onte polo tráxico accidente ferroviario de Porriño, coa sanidade como eixo. Nun acto que comezou precisamente cun minuto de silencio e no que tamén interveu o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, o candidato socialista propuxo suprimir o copago farmacéutico a 650.000 pensionistas galegos.

Fernández Leiceaga explicou que a medida tería un custe máximo de 65 millóns de euros e estaría dirixida “á maioría das persoas maiores afectadas polo copago sanitario, dúas de cada tres persoas maiores, e só quedarían fora aqueles que dispoñen de rendas altas”.

Na súa intervención, sinalou que “a mellora da atención santiaria é unha das nosas prioridades, e por iso a miña proposta nesta campaña é un compromiso cos que máis precisan desa atención”. Lembrou que a sanidade é un “dereito esencial e universal” e un instrumento de solidariedade, cohesión social e seguridade, duramente atacado durante os últimos oito anos polos gobernos de Feijóo coa escusa da austeridade.

Chamou ao voto polo cambio liderado polos socialistas para comezar coas tarefas de reconstrución do modelo sanitario e a recuperación dos niveis asistenciais e de calidade que Galicia tiña en 2008. Fernández Leiceaga reforzou hoxe o seu compromiso de reverter as privatizacións e de facilitar o acceso a tódolos cidadáns aos servizos sanitarios.

Así, sumou hoxe a supresión do copago aos seus compromisos de reforzar ao persoal sanitario para devolvelo ao nivel de 2008, rematar coas listas de espera de máis de seis meses, rescatar o Hospital privado de Vigo para integralo na rede pública ou á implantación do servizo de hemodinámica 24 horas para Lugo.

Este foi o seu compromiso no acto electoral celebrado hoxe no parque acuático de Cerceda, onde que tamén interveu o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, ademais do alcalde, José García Liñares, a candidata nº2 pola provincia, Matilde Begoña Rodríguez, e o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar