Leiceaga pregunta á Xunta pola manobra de especulación urbanística coa finca do Espiño

Leiceaga pregunta á Xunta pola manobra de especulación urbanística coa finca do Espiño

Leiceaga pregunta á Xunta pola manobra de especulación urbanística coa finca do Espiño

O parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga ven de presentar unha Interpelación na que reclama á Xunta que dea conta da manobra de especulación urbanística do alcalde de Santiago coa Finca do Espiño. Reclama ao goberno galego que avalíe a decisión de Conde Roa de cambiar o xeriátrico previsto por vivendas libres, co conseguinte rendemento para os promotores.

Fernández Leiceaga esixe ao goberno galego que se posicione diante desta decisión para “elevar a capacidade de obtención de plusvalías urbanísticas sen ningún tipo de nova contraaprestación aos cidadáns de Compostela”. Sinala que a alarma xerada na capital galega “obriga a extremar tódalas precaucións no control preceptivo da Xunta sobre a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado en 2008”.

Lembra así que, malia que o PXOM prevé que este terreo será destinado a uso residencial comunitario –un xeriátrico-, o alcalde amosou a súa intención de asinar un Convenio coa propietaria dos terreos para modificar o uso previsto e destinalo a vivenda libre. Engade que o mesmo día que foi coñecida a noticia, o 24 de outubro, eran cesados os responsables de urbanismo do Concello.

Obrigas co Concello

O parlamentario compostelán lembra tamén que a empresa titular do terreo ten obrigas co Concello de Santiago que se resistía a cumprir. Malia a súa negativa, os pronunciamentos xudiciais certificaron obrigas para a empresa en torno a 2,9 millóns de euros, entre principal e intereses, “pola negativa do anterior Goberno municipal a aceptar un cambio de uso de facto na tramitación da licenza de obras”.

Por este motivo, Fernández Leiceaga reclama ao Goberno galego que explique si consideraría “razoable” que o Concello “favoreza a unha empresa a cambio de que esta cumpra as sentenzas xudiciais desfavorables”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar