LEICEAGA PÍDELLE AOS VOTANTES SOCIALISTAS QUE SE MOBILICEN “PARA FACER POSIBLE O CAMBIO EN GALICIA”

LEICEAGA PÍDELLE AOS VOTANTES SOCIALISTAS QUE SE MOBILICEN “PARA FACER POSIBLE O CAMBIO EN GALICIA”

LEICEAGA PÍDELLE AOS VOTANTES SOCIALISTAS QUE SE MOBILICEN “PARA FACER POSIBLE O CAMBIO EN GALICIA”

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediulle hoxe aos votantes socialistas que se mobilicen “para facer posible o cambio en Galicia”.

Leiceaga visitou o peirao de Burela xunto ao alcalde, Alfredo Llano, antes de participar nun acto electoral na praza da Mariña. “Votar Partido Popular só é bo para a carreira de Feijóo e malo para Galicia”, asegurou.

Na súa intervención, o candidato do PSdeG propuxo “un plan de revitalización demográfica para que Galicia vaia a máis”, con medidas de fondo como a contratación de 10.000 mozos ao ano e un programa de vivendas públicas en réxime de aluguer para mozos.

Dentro de este plan, Leiceaga falou tamén da necesidade de mellorar a rede de transporte público e de crear unha rede de escolas infantís, aumentando un 15% o seu número preto dos centros industriais.

“Os galegos queren cambio e queren que o lideremos nós, pídolle a todos os que algunha vez votaron ao PSOE que se mobilicen porque o cambio é posible e porque Galicia o necesita; votar ao PP só é bo para a carreira de Feijóo, votar socialista é bo para os galegos”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar