LEICEAGA: “OS SOCIALISTAS GALEGOS COMPROMETEMOS A POSTA EN MARCHA DUN PLAN INTEGRAL DE SANEAMENTO DAS RÍAS”

LEICEAGA: “OS SOCIALISTAS GALEGOS COMPROMETEMOS A POSTA EN MARCHA DUN PLAN INTEGRAL DE SANEAMENTO DAS RÍAS”

LEICEAGA: “OS SOCIALISTAS GALEGOS COMPROMETEMOS A POSTA EN MARCHA DUN PLAN INTEGRAL DE SANEAMENTO DAS RÍAS”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe en Ames o compromiso dos socialistas galegos para a posta en marcha “dun Plan integral de saneamento das rías”.

“Temos que aproveitar a riqueza económica das nosas rías e protexer o patrimonio que representan”, asegurou o candidato socialista no paseo fluvial de Ames xunto ao alcalde do municipio, José Miñones, e os membros do grupo municipal do PSdeG.

Leiceaga afirmou que as actuacións en saneamento “teñen que chegar tamén aos nosos ríos, polo que propoñemos un plan de recuperación do río Sar cun corredor verde que chegue ata o mar”. “Falamos de limpeza, de patrimonio e de oportunidades económicas”, engadiu.

“Melloraremos a xestión dos fondos europeos para non perder oportunidades de financiación, como pasou coa nova depuradora de Santiago, un tema que aínda está sen resolver”, asegura o candidato do PSdeG. “Nestes últimos anos Galicia tivo un goberno de escasa envergadura, con moitas apariencias que non resolveron os problemas”, dixo.

Por outra parte, Leiceaga aseverou a preguntas dos medios de comunicación que “os socialistas galegos lideraremos a alternativa ao PP de Feijóo”. O candidato do PSdeG fará una campaña “de propostas, os galegos saben que o balance dos últimos anos é demoledor, polo que queremos explicarlles o noso proxecto”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar