LEICEAGA: “MOITOS QUERÍAN SACARNOS DA CARREIRA, PERO SABEMOS COMPETIR E CHEGAREMOS AO 26 DE XUÑO DISPUTANDO O PRIMEIRO POSTO”

LEICEAGA: “MOITOS QUERÍAN SACARNOS DA CARREIRA, PERO SABEMOS COMPETIR E CHEGAREMOS AO 26 DE XUÑO DISPUTANDO O PRIMEIRO POSTO”

LEICEAGA: “MOITOS QUERÍAN SACARNOS DA CARREIRA, PERO SABEMOS COMPETIR E CHEGAREMOS AO 26 DE XUÑO DISPUTANDO O PRIMEIRO POSTO”

O candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou esta tarde en Cedeira que “moitos querían sacarnos da carreira, pero sabemos competir e chegaremos ao 26 de xuño disputando o primeiro posto co resto dos partidos”.

Leiceaga e a candidata número 1 do PSdeG ao Congreso pola Coruña, Pilar Cancela, estiveron esta tarde en Cedeira antes de participar nun mitin en Ortigueira. “Pensamos que o decálogo de medidas que presentamos onte tivo unha boa acollida, os socialistas defendemos os sectores estratéxicos”, apuntou o candidato á Xunta.

“O naval, o sector primario, o cerco, o leite ou a pesca son prioritarios para nós, como tamén o é garantir para Galicia os fondos destinados aos servizos do Estado de benestar”, engadiu Leicega, que defendeu “a campaña dos socialistas galegos, pegada ao terreo, racional e con propostas”.

Pola súa parte, Cancela manifestou a súa confianza en que “os socialistas darémoslle un sorpasso ás enquisas, a xente votará o 26 de xuño un cambio pilotado por nós”.

A candidata ao Congreso puxo a Cedeira de exemplo “do que significa un cambio da man dos socialistas, España necesita un presidente socialista para que chegue o cambio real”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar