LEICEAGA: “MENTRES UNS ENREDAN COA DATA DAS ELECCIÓNS E OUTROS COAS LIORTAS INTERNAS, NÓS APOSTAMOS POR IMPULSAR A AXENDA GALEGA NO NOVO ESCENARIO POLÍTICO”

LEICEAGA: “MENTRES UNS ENREDAN COA DATA DAS ELECCIÓNS E OUTROS COAS LIORTAS INTERNAS, NÓS APOSTAMOS POR IMPULSAR A AXENDA GALEGA NO NOVO ESCENARIO POLÍTICO”

LEICEAGA: “MENTRES UNS ENREDAN COA DATA DAS ELECCIÓNS E OUTROS COAS LIORTAS INTERNAS, NÓS APOSTAMOS POR IMPULSAR A AXENDA GALEGA NO NOVO ESCENARIO POLÍTICO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, manifestou hoxe en Santiago que “mentres uns enredan coa data das eleccións como cortina de fume e outros coas liortas internas”, os socialistas galegos consideran prioritario neste momento “impulsar a axenda de Galicia no novo escenario político”.

Nunha rolda de prensa, Leiceaga apuntou que nestes días “a vida política xira arredor da formación dun futuro goberno en España”, amosando a súa “perplexidade por como están actuando neste contexto os diferentes axentes políticos galegos”.

“Feijóo segue de comentarista da actualidade, acusando agora de tics antidemocráticos á oposición por impedir que Rajoy sexa presidente; non entende as democracias parlamentarias nin os resultados do 26-X, xa que os cidadáns déronlle ao PP o primeiro posto pero sen maioría absoluta”, aseverou.

“Neste tempo de pactos, é importante pactar sobre o que queremos facer, sobre as prioridades de goberno e as prioridades para os cidadáns, polo que os socialistas galegos facemos un exercicio de responsabilidade para impulsar a axenda política galega, o decálogo de medidas que presentamos na campaña debe condicionar ao novo goberno”, dixo o candidato do PSdeG.

En opinión de Leiceaga, “noutro lado do espectro político, a nova política fíxose vella moi rápido, o relevante é a opinión de tres ou catro líderes e non a da militancia, deben tomar nota das primarias socialistas; están enredados en liortas e en xubilar a referentes que ata hai pouco tempo eran incuestionables, pero agora converteron nun xarrón chino”.

No citado decálogo, o PSdeG situaba como primeiro punto “o sistema de financiamento autonómico, hai que impulsar a súa revisión para reforzar os servizos básicos cun aumento dos recursos das comunidades”. “Temos que mellorar o fondo de compensación interterritorial, e repartir os recursos en función de factores como a dispersión e o avellentamento”, engadiu Leiceaga.

“O segundo punto do decálogo era a política económica, coas prioridades dos sectores enerxético, naval, o lácteo e a pesca”, dixo a candidato do PSdeG, que rematou demandando o cumprimento “dos prazos previstos para as infraestruturas”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar