LEICEAGA LEMBRA QUE O EMPREGO NA PESCA “CAEU UN 20% CON FEIJÓO” E GARANTE QUE O PSDEG TRABALLARÁ PARA QUE O SECTOR “VIVA DIGNAMENTE”

LEICEAGA LEMBRA QUE O EMPREGO NA PESCA “CAEU UN 20% CON FEIJÓO” E GARANTE QUE O PSDEG TRABALLARÁ PARA QUE O SECTOR “VIVA DIGNAMENTE”

LEICEAGA LEMBRA QUE O EMPREGO NA PESCA “CAEU UN 20% CON FEIJÓO” E GARANTE QUE O PSDEG TRABALLARÁ PARA QUE O SECTOR “VIVA DIGNAMENTE”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe a política en materia pesqueira desenvolvida polo PP de Feijóo nos últimos oito anos, “que provocou unha perda do 20% do emprego no sector”.

Leiceaga mantivo unha reunión con representantes do sector en Portosín, “para escoitar o seu estado de ánimo, facer balance destes últimos oito anos e explicar as liñas de acción política nas que traballaremos os socialistas para permitir que o sector saia adiante”.

“Houbo unha falta de atención ao saneamento das rías, é necesaria unha rexeneración integral”, afirmou o candidato socialista aos medios de comunicación. Leiceaga considera tamén moi negativa para o sector a “política de xestión dos recursos, con negociacións fallidas coa UE e Marrocos”.

“No cerco, os barcos non viven co actual reparto de cotas, os traballadores teñen un nivel de ingresos co que non poden soster as súas familias”, engadiu o socialista, que garantiu o traballo do PSdeG “para que chegue un cambio no criterio de reparto, a xente do mar ten que vivir dignamente”.

Por último, fixo unha referencia á “Lei de acuicultura que tiña pensado aprobar o PP, pasando do modelo sostible e social polo que apostamos os socialistas a outro máis intensivo e privatizador dos recursos; a presión sector obrigou a Feijóo a dar marcha atrás”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar