LEICEAGA LÁNZASE A “RECUPERAR GALICIA” E “LIDERAR A ALTERNATIVA PROGRESISTA” AO PP DE FEIJÓO

LEICEAGA LÁNZASE A “RECUPERAR GALICIA” E “LIDERAR A ALTERNATIVA PROGRESISTA” AO PP DE FEIJÓO

LEICEAGA LÁNZASE A “RECUPERAR GALICIA” E “LIDERAR A ALTERNATIVA PROGRESISTA” AO PP DE FEIJÓO

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, lánzase a “recuperar Galicia” e liderará unha “alternativa progresista” ao Partido Popular de Feijóo desde o próximo 25 de setembro.

“Agora comeza o tempo da cidadanía, os cidadáns son os protagonistas e teñen que tomar unha decisión”, apuntou Leiceaga, que fixo un chamamento “ao electorado progresista para recuperar Galicia desde a sensibilidade da socialdemocracia e os valores do Partido Socialista”.

“Rematou o tempo da incertidume e do teatro coa data das eleccións, temos 55 días de prazo para facer o noso traballo e recuperar Galicia”, afirmou en rolda de prensa o candidato do PSdeG, que considera que no anuncio de onte “non hai responsabilidade, hai seguidismo e intereses partidistas para que o xuízo da Gürtel e o efecto do ciclo económico en outono non enturbien os resultados electorais do PP”.

“É posible cambiar as cousas se todos damos un paso adiante e acudimos ás urnas coa decisión necesaria, comeza un tempo de esperanza e un horizonte diferente para os que están fartos da corrupción, para os que desexan traballar en Galicia e non poden e para que os que padecen os recortes do PP”, engadiu.

“A parálise e a resignación remataron”, sostén Leiceaga, que garante “un proxecto de país, coa prioridade do crecemento, o emprego e os servizos públicos”. “Estamos en disposición de liderar unha alternativa para ter unha Galicia de talla grande, con identidade e peso en España, Galicia necesita un impulso e non deixar a ninguén atras”, asegurou.

En opinión do candidato socialista, “Feijóo está en retirada, xa nos di que non está disposto a liderar a oposición e que busca socios para despois do 25 de setembro; o seu horizonte é perder a maioría absoluta e marchar de Galicia, polo que sería importante para todos os galegos saber en quen pensa para substituílo”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar